transparencia

El PP exige “transparencia en las comisiones de pleno” para evitar el reiterado oscurantismo del bipartito

By 17 diciembre, 2019No Comments

El vicevoceiro popular Antonio Ameijide muestra su preocupación “por la actitud prepotente de los concejales socialistas que, con la complicidad del BNG, ofrecen de forma reiterada contestaciones sesgadas e incompletas a las preguntas que presentamos”

O vicevoceiro do Grupo Municipal Antonio Ameijide denuncia as trabas que o bipartito está a por para obter información no marco das comisións de pleno “levamos xa seis meses de mandato e cada vez que se celebran estas xuntanzas se repiten as mesmas contestacións”. Antonio Ameijide puntualizou que “se ofrecen, de forma reiterada, respostas sesgadas e incompletas ás preguntas que presentamos”.

“A matraca de que  pedimos información complicada e que dificultamos o traballo dos funcionarios bloqueando os servizos é unha disculpa pouco crible, salvo que a dixitalización no concello brile pola súa ausencia”, reflexionou o popular recalcando que “non teñen nin base de datos”.

Antonio Ameijide cuestionaba, deste xeito, que os  prometidos avances en administración electrónica, “vaian moito máis lentos do que din”. O vicevoceiro afirma que os funcionarios si teñen vontade pero, neste intre, “o bipartito marca as directrices é o que se impón no goberno de Lugo é o rodillo e os impedimentos para acceder á documentación”. Para Ameijide “chama a atención que aleguen problemas de perosal cando no bipartito teñen máis de 26 cargos políticos a soldo do erario público”.

O popular puxo exemplos concretos, que figuran nas actas das últimas comisións de pleno, nos que “queda en entredito a transparencia e a pouca disposición” do bipartito en facilitar o traballo de fiscalización da oposición. Un dos casos máis sorprendentes foi o da negativa do Concelleiro de Medio Ambiente que evita contestar a unhas preguntas sobre o parque de enerxías alternativas do Ceao porque asegura que “é unha instalación que non está adscrita a ningunha área pertencente a esta Comisión”.  “É unha tomadura de pelo que teñamos que sufrir as consecuencias do descontrol que hai entre PSOE e BNG, dous gobernos distintos e ninguén se fai cargo desta infraestructura ruinosa”.

Os populares aclaran que os partidos politicos non son os que inclúen as preguntas na orde do día das comisións polo que recriminan a actitude de Álvaro Santos “que renega da que foi unha das instalacións estrela da política medio ambiental socialista” e lle advirten ao goberno que agardan obter na comisión desta semana información sobre esta infraestructura xa que volvemos a rexistras a mesma batería de preguntas.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies