InfraestructurasPersonal

El PP exige una declaración pública del PSOE descartando “de forma taxante y definitiva” la privatización de la Escuela de Música

By 7 noviembre, 2018noviembre 19th, 2018No Comments

El portavoz popular Antonio Ameijide acusa a los socialistas “de poner en riesgo el futuro de la Escuela de Música y de la Banda Municipal” tras dos años sin solucionar el problema derivado de la sentencia que anulaba el acuerdo de la junta local de ampliar la jornada de estos trabajadores

O Partido Popular esixe unha declaración pública do PSOE na que descarte “de forma taxante e definitiva” a intención de  privatizar a Escola de Música.

O voceiro popular Antonio Ameijide indicou que  as explicacións do concelleiro responsable, na asemblea convocada pola asociación de usuarios deste servizo e á cal asistiron representantes do Grupo Popular, lonxe de esclarecer o seu funcionamento “enredou e sementou máis dúbidas sobre o seu futuro”. Por iso, o Grupo Popular  presentou unha batería de preguntas para que os socialistas aclaren en comisión, entre outros aspectos, se garantizan aos 18 profesores e membros da banda se van cobrar as nóminas íntegras de decembro e meses posteriores.

Para Ameijide “é un insulto” que, logo de dous anos co problema xerardo pola sentencia que anula os novos contratos dos músicos, o goberno local non fose capaz de buscar unha solución a esta problemática.

Ameijide critica que o PSOE “menosprecie este servicio cunha alta demanda e que conta cunha matrícula que supera o millar de alumnos e alumnas” asegurando que “esta actitude reflicte o seu pasotismo por impulsar esta oferta cultural”.

O voceiro popular afirmou que o seu grupo leva dende o pasado mes de outubro advertindo desta manobra de privatización dos socialistas advertindo que “non permitirán, baixo ningún concepto, esta operación lembrando que a Escola de Música púxose en marcha impulsada, en 2011, grazas a unha iniciativa popular”. Ameijide destacou o papel da Escola de Música e da Banda por impulsar esta disciplina xa que no seu seno, dende que hai sete anos empezou a funcionar, naceron 12 agrupacións musicais.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies