Los concejales populares explican que los vecinos de esta vivienda llevan años esperando la que los concejales socialistas cumplan con el compromiso adquirido por el concejal de Medio Rural con los propietarios de la vivienda e instale un punto de luz delante de su casa ya que aseguran “es la única de la parroquia que carece de este servicio”
Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular esixen ao goberno local que cumpra as súas promesas. Unha reivindicación que fan despois de coñecer como unha familia de Bacurín leva anos agardando a que os diferentes responsables municipais da zona rural cumpran coa promesa que levan anos facéndolles: dotar de alumeado público a entrada da súa vivenda xa que é a única da parroquia que carece deste servizo, segundo afirman os afectados.
Os populares visitaron a zona e comprobaron como, aparentemente, o resto de vivendas da zona si que teñen alumeado público na parte dianteira da casa. “Incluso hai algunha vivenda que se ve claramente que está abandonada ou que presenta serios danos que impiden que calquera poida vivir dentro e que teñen alumeado público, polo que non se entende que estes veciños carezan deste servizo”, denuncian.
Unha situación que non se pode permitir, polo que os populares presentarán unha iniciativa en comisión para tentar dar unha solución a este problema que tamén daría maior seguridade a estes veciños ante posibles intentos de roubo.