InfraestructurasVIDEOS

El PP se hace eco de varios vídeos de vecinos de López Guntín y Doña Urraca en los que se ve como el agua de la lluvia deshace la pintura del carril bici de Lara Méndez

By 3 marzo, 2022No Comments

Antonio Ameijide señala que los vecinos de las calles López Guntín y Doña Urraca enviaron a los populares varios vídeos en los que se ve como la pintura del carril se deshace al entrar en contacto con el agua de la lluvia, una situación que pone en riesgo a seguridad de los posibles usuarios de esta infraestructura

 

A chapuza do carril bici segue a xerar queixas entre os veciños de Lugo, a última, unha situación case incrible, xa que nas rúas López Guntín e Dona Urraca a pintura está a desfacerse coa auga da chuvia.

Explica Antonio Ameijide que nuns vídeos que enviaron veciños destas rúas pódese ver como a pintura desfaise ao entrar en contacto coa auga da choiva, “unha chapuza máis co selo de Lara Méndez e con fondos europeos”. “Que clase de pintura están a empregar en vías públicas para que se desfaga con auga?”, pregunta.

Para os concelleiros populares a obra do carril bici está chegando a un punto case dantesco. “A chapuza é de magnitudes épicas. Hai tempo que o levamos denunciando e pese a que o goberno local tente lavar a cara, queda claro que o fracaso é estrepitoso”, sinalan.

Antonio Ameijide pon outro exemplo da chapuza do carril bici. Hai poucos días unha persoa explicou ao vicevoceiro popular que despois de realizar unha saída en bici de carretera aproveitou para regresar a súa casa polo carril bici “para ver como era” e a súa sorpresa foi que cando chegou ao seu domicilio comprobou como tiña as rodas cubertas da pintura verde do carril bici.

A realidade é que carril bici é o proxecto máis criticado pola cidadanía nos últimos anos, xa que lonxe de ser útil para todos os lucenses o que provoca é dificultar a mobilidade e destruír centos de prazas de aparcamento nun único barrio.

Unha situación ante a que Antonio Ameijide pregunta a Lara Méndez por que acorda a apertura de prazas de aparcamento na Ronda da Muralla, unha zona na que o BNG acometeu hai pouco a peonalización dun treito desta vía, pero nunha zona, como A Residencia, na que as áreas do PSOE eliminaron preto de 500 prazas de estacionamento non fai nada por repoñer no barrio esas prazas que destruíu. “Queda claro que a única obsesión da alcaldesa é confrontar cos seus socios de goberno e que non se preocupa polos problemas dos lucenses nin de solucionar os que ela mesma creou”, afirma.

Dende o Partido Popular recordan que o fracaso do carril bici quedou patente hai poucos días candos e fixo público un vídeo no que se comprobou como durante 15 horas só pasaron polo carril bici da Ronda do Carme dous afeccionados á bicicleta.

O vicevoceiro popular sinala que chegados a este punto, Lara Méndez debería de reflexionar xa que está a dilapidar case 1.5M€ de todos os lucenses para facer “o seu propio carril bici”. Neste senso, desde o PP reiteran que están a favor dos carrís bici, pero sempre ben expostos, consensuados, con estudos de afectación ao tráfico e que non supoñan a destrución de centos de prazas de aparcamento.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies