Los populares defienden que el gobierno local arregle en condiciones esta pista, ya que hace años realizaron una actuación deficitaria, y se trata de un paso que los vecinos utilizan con frecuencia para acceder al barrio de las Gándaras
Como todos os anos coa chegada do outono, hai rúas, camiños e pistas municipais que se volven impracticables debido ao seu mal estado, a pesar de que dende o Grupo Municipal do Partido Popular levamos anos defendendo o seu arranxo e correcto mantemento.
Neste caso, os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular insisten no arranxo inmediato da pista que une a Garaballa coa rúa Camiño do Souto, unha pista que se atopa “en moi mal estado” e pola que non poden pasar dous coches ao mesmo tempo. Unha necesidade que os veciños defenden e para o que xa recolleron sinaturas para instar ao goberno local a que arranxe este camiño.
Os concelleiros populares explican que o Concello de Lugo realizou hai varios anos unha actuación nesta pista, unha intervención “deficitaria” que non paliou ás deficiencias que presentaba naquel intre xa que como se pode comprobar o estado no que se atopa na actualidade “é nefasto”.
Por iso, os populares presentarán un rogo para que se realice o asfaltado en quente desta pista e se realicen outras intervencións, como a colocación dunha varanda, ou outro elemento de seguridade, para evitar calquera accidente ao paso dos vehículos por unha ponte.
Desde o Grupo Municipal Popular tamén consideran necesario a colocación dun espello no cruce desta pista coa rúa Camiño do Souto xa que a visibilidade “é moi limitada” e os vehículos teñen que asomarse moito para comprobar se vén algún vehículo ou non para poder incorporarse a esta vía.