Urbanismo

El PP insiste en la necesidad de eliminar los tapones urbanísticos para mejorar la seguridad y la movilidad

By 23 marzo, 2023No Comments

Antonio Ameijide denuncia la “nula intención” del gobierno local de dar una solución a estos problemas urbanísticos tras obtener como respuesta a la petición de un plan de seguridad en Doña Urraca que “será muy complicado mientras no se elimine el tapón existente en esa calle”

O goberno local de Lugo segue mirando cara outro lado no referente á mellora da seguridade viaria e da mobilidade en Lugo, algo que quedou patente na comisión desta mañá.

Antonio Ameijide explica que, a preguntas do PP, Rubén Arroxo asegurou que “será moi complicado mellorar a seguridade na rúa Dona Urraca mentres non se derrube a casa que provoca un tapón urbanístico”, algo que os populares reclaman dende hai anos e que o goberno de Lara Méndez e Rubén Arroxo non contempla.

O popular recorda que hai poucas semanas tivo lugar un accidente nese punto “o que evidencia a necesidade de eliminar os tapóns urbanísticos de Lugo” para mellorar a seguridade viaria e a mobilidade.

Ademais, Ameijide preguntou se o Concello de Lugo tiña algún estudo sobre as afeccións do carril bici á mobilidade e a seguridade viaria na cidade, ao que Rubén Arroxo afirmou que “non lle consta” a pesar de que esta infraestrutura modificou a circulación en numerosas rúas, dificultando os movementos en moitos casos en zonas nas que non existían problemas nin riscos para a seguridade viaria (como por exemplo na Ronda do Carme).

 

Tapóns urbanísticos LUGO

Escultor Asorey (Residencia).A zona  onde hai que actuar está situado na parte de atrás do Colexio do Divino Maestro no barrio da Residencia. Precísase abrir unha rúa (intervención duns 75 metros), que comunicaría Escultor Asorey coas rúas Evaristo Correa e Amizade. Con esta intervención pecharíase unha mazá,  desconxestionaríase o tráfico da zona xa que estamos a falar dun novo eixo que uniría Fonte dos Ranchos coa rúa Portugal.

Ramos Misioné (Magoi). No seu momento cando se reasfaltou a rúa (hai seis anos) dende o PP pedimos que se iniciasen contacto cos propietarios do solar que ten unha horta para que cedese un metro e medio e completar a vía. Non se fixo nada.

Camiño de Pipín (Milagrosa) É un punto moi conflictivo porque está situado ao lado dun colexio e ás horas punta de entradas e saídas supón un verdadeiro perigo para os cativos e cativas.

Camiño de Friás (comunica barrio do Sagrado Corazón con Galegos) Este é un punto negro de Lugo no que se incrementou o tráfico exponencialmente debido a apertura do Hula xa que moitos lucenses utilizan esta vía como atallo para ir ao complexo hospitalario.

Rúa San Xillao (comunica Fontiñas con Rei Don García) Neste punto hai un estreitamento de 170 metros ao longo da rúa que linda con Apsnais. Sería convinte que se iniciasen contactos cos propietarios para abrir unha rúa en condicións.

Xosé Novo Freire (comunica Ronda das Mercedes con Praza da Fonte do Rei – parte de atrás del Polvorín) Esta zona rexistra un intenso tráfico xa que está situada nas inmediacións dunha zona deportiva e tamén serve de atallo para os vehículos que acceden da zona sur cara ao centro da cidade.

Rúa Mazaira.- Este tapón situado na zona norte é duns 240 metros de largo. Neste caso trátase de fincas polo que habería que iniciar conversas para recuperar o espazo para ampliar esta vía.

Rof Codina (Montirón). O PP presentou unha iniciativa a pleno para eliminar este tapón que é un perigo para os veciños que teñen meterse na calzada para pasar así como para os usuarios dun centro de día e dunha gardería que hai neste punto.

Outros tapóns urbanísticos na cidade atópanse en: Carril das Hortas, Juanla la Loca, Doña Urraca, Revista Ronsel, Rei Chiquito ou rúa Orquídea.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies