El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que realizamos una revisión de todas las zonas verdes de Lugo y, pese la que se realizaron mínimas intervenciones, es preciso realizar un plan global de actuación para recuperar senderos y espacios verdes ya que se trata de los mejores lugares que pueden emplear los lucenses para pasear garantizando el cumplimiento de todas las medidas sanitarias
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, fai un chamamento ao goberno local para que tome conciencia da situación na que teñen as zonas verdes de Lugo, “totalmente abandonadas”, e que agora, na actual situación de alerta sanitaria na que vivimos son espazos “fundamentais” para que os lucenses poidan pasear con tranquilidade respectando as recomendacións de distanciamento social.
Antonio Ameijide incide na necesidade de prestar atención ás zonas verdes de Lugo, algo que o Partido Popular leva demandado moitos anos. “Agora é un dos momentos nos que se ve como as demandas que realizamos dende o Grupo Popular se ven fundamentadas. Os lucenses necesitan agora espazos verdes en perfectas condicións para pasear con total seguridade”, explicou.
Ante esta situación, o vicevoceiro popular realizou un chequeo das principais zonas verdes de Lugo para comprobar as eivas que presenta cada zona.
Paseo do Río Rato
Unha das zonas verdes de Lugo por excelencia e que precisa dunha intervención inmediata. É unha zona propiedade da Deputación de Lugo, pero que nos últimos anos sufriu un abandono considerable, xa que os sendeiros, inicialmente de 2 metros de ancho, viron como a vexetación os invadiu pouco a pouco, debido a unha falta total de mantemento, chegando a reducirse nalgúns treitos a só 60 centímetros. A isto hai que engadir os numerosos baches e as fendas producidas polas enchentes de auga no río Rato, ademais dos danos nos muros de contención que non se amañaron.
As pasarelas de madeira que unen ambas beiras precisan dunha renovación urxente xa que o paso de tempo e a climatoloxía debilitaron considerablemente as estructuras, o que incluso provocou que algunhas desapareceran.
Paseo do Río Miño
A outra gran zona verde da cidade, neste caso de titularidade municipal, é que amosa outra gran falta de mantemento. As zonas destinadas a pasear ou facer deporte están cheas de baches e fendas que dificultan moito o paseo dos usuarios. Unha zona que ten como gran problema a negativa dos diferentes gobernos locais a unir os paseos do Miño e do Rato adquirindo os case 40.000m” que separan ambas zonas e que na actualidade son unha gran acumulación de maleza, pero que permitiría a consolidación dun gran parque periurbano que atenda as necesidades recreativas e de ocio da poboación lucense, formando un anel verde que dará continuidade ós sendeiros, instalacións deportivas e de ocio ó aire libre.
Incluso, esta zona verde segue sen garantir o acceso ás illas, xa que non se devolveu a unha situación de legalidade a zona na que se estaban a realizar as obras da ataguía da Fábrica da Luz, xerando así un punto realmente perigoso para os lucenses.
Parque Rosalía de Castro
Unha das principais zonas verdes do casco urbano, que conta cun mínimo mantemento, pese a que é moi empregada para pasear e facer deporte. O goberno local negouse en reiteradas ocasións a facer un inventario de árbores na cidade, documento que serviría para datar a saúde das árbores, algo fundamental neste parque, no que, por desgracia, adoitan caer árbores nos días que hai fortes refachos de vento.
Unha zona verde da que se retiraron os bancos para que descansaran os lucenses, o que provoca feísmo e da unha sensación de abandono. Unha
Parque de Frigsa
A que durante anos foi a gran zona verde Lugo agora mesmo é un gran parque abandonado, onde as protagonistas son as beirarrúas sen mantemento, zonas cheas de suciedade ou zonas de xogos descoidadas, un parque que nos últimos meses se comezou a empregar como caixón de xastre para deixar calquera elemento do mobiliario urbano que se retira da cidade, incluso escombros.
Una realidade que deixa xardineiras están rotas ou a piques de romperse, zonas de xogo infantil sen mantemento e aseo e buratos de grandes dimensións sen pechar nas zonas de paso. O parque de Frigsa, lonxe de ser a zona de ocio que congregaba cada día a centos de lucenses, converteuse nun punto onde depositar todo o material que non serve para o Concello.
Parque Marcos Cela
Outro dos pulmóns da área urbana que se atopa totalmente abandonado. A desidia do goberno local nesta zona verde chega ata o punto de que non se fixo nada por corrixir os desprendementos que todos os anos se producen e que provocan danos en todas as infraestruturas colocadas nesta zona, como poden ser os valados de madeira, bancos ou papeleiras, elementos moi deteriorados e que tampouco se renovan.
Parque dos Paxariños
O parque “fantasma” dos Paxariños é un dos grandes fracasos das diferentes administracións socialistas. Unha gran zona verde na Avenida das Fontiñas que quedou en nada, xa que nunca se chegou a rematar nin a adecuar como parque ou zona de esparcemento. Unha gran zona verde que vive nun estado de provisionalidade dende hai 15 anos.
Parque Polígono de As Gándaras
Por último, a última zona verde que se inaugurou na cidade, realizada pola Xunta de Galicia pero que é de titularidade municipal, tamén sufre a total falta de mantemento do goberno local. A maleza invadiu todos os elementos do parque, mentres que tamén comezou a colonizar os sendeiros, que pouco a pouco ven reducido o seu tamaño ao igual que sucede cos camiños do paseo do Rato.