Antonio Ameijide indica que urge renovar la red de aguas del polígono tras ver los problemas de los efectivos de emergencias para sofocar las llamas por la falta de presión de agua en la zona, algo que se certificó en los informes municipales sobre el incendio
Case dous anos despois do devastador incendio de O Ceao, o Concello de Lugo segue sen renovar os problemas de presión de auga do polígono que, no seu momento, puxeron en serias dificultades aos bombeiros de Lugo para poder extinguir as lapas do citado incendio.
Ante esta situación, Antonio Ameijide, amparándose nos informes municipais sobre o incendio, ven imprescindible proceder á renovación da rede de augas desta zona industrial xa que se especificou que “a presión de auga nas rúas onde tivo lugar o lume era unha cuarta parte da que había noutros puntos do polígono (de entre 0.6 e 0,8 kg/cm2), mentres que, por exemplo, na rúa dous Carpinteiros, á carón da ITV hai unha presión de 3,8 kg/cm2”.
Para o popular cómpre realizar esta renovación o máis axiña posible e pide ao goberno de Lara Méndez que deixe de ampararse na escusa que dan sempre para sortear este problema: que “non existen queixas de industriais, que non é unha zona na que se produzan avarías” pero que á hora da verdade quedou demostrado que urxe unha renovación da rede.
Antonio Ameijide ve esta resposta de PSOE e BNG como un intento de “minimizar” un problema grave que preocupa aos industriais da zona despois da situación vivida. Incluso, tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo votaron, no pleno de febreiro do ano pasado, dunha iniciativa do PP na que solicitábamos renovar a rede de augas do Ceao coa finalidade de aumentar a presión e garantir o servizo de extinción de incendios.
Dende o PP advirten que no caso de que o goberno local precise aumentar directamente a presión de auga para actuar nun posible incendio na zona existe o risco, nunha porcentaxe moi elevada, de sufrir rebentóns ou roturas na rede xa que as tubarias son moi antigas, de fibrocemento, polo que moitas delas xa superaron con creces a súa vida útil.