Para Macamen López entrar en el VioGén sería la mejor forma de celebrar el 25 de noviembre, una manera importante de dar visibilidad la esta problemática pero sobre todo para dotar de herramientas de apoyo a las afectadas matizó la popular
Hoxe tivo lugar o Foro de Participación Cidadá en materia de Igualdade no que a concelleira popular Macamen López realizou unha serie de propostas en relación á conmemoración do 25 de Novembro ‘Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres’.
A continuación xuntamos as propostas realizados, pero Macamen López destaca que “a mellor proposta para as mulleres lucenses afectadas pola violencia machista para o 25N sería que o Concello de Lugo se sumase ao VioGén, programa do Ministerio do Interior de apoio ás víctimas de maltrato”.
As propostas realizadas pola concelleira popular son:
- Que se organice unha actividade interxeneracional que teña por obxecto a prevención da violencia de xénero, xa que temos que ter en conta que a loita contra esta lacra é unha responsabilidade de toda a sociedade, polo tanto é moi importante sensibilizar e implicar a todas as persoas con indepedencia da súa idade en que o principio de igualdade debe prevalecer sobre os comportamentos machistas para deste xeito desechar os estereotipos de xénero en poñer en valor o traballo das mulleres así como o seu empoderamento. Estas actividades consistirían en talleres de prevención de violencia de xénero a celebrar nos Centros Sociais, no Centro de Día Antonio Gandoy e na escola infantil Serra de Outes, abrindo estos espazos a sociadade no seu conxunto.
- Que o Concello de Lugo impulse unha campaña de promoción de recollida de xoguetes non sexistas de cara as festas do Nadal.
- Que o día 25 de novembro diante do Concello se celebre un acto de lectura de literatura escrita por mulleres que verse sobre a violencia de xénero.
- Que o día 25 de novembro cando os empregados públicos accedan aos seus equipos informáticos se atopen na pantalla unha mención especifica ao “Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres”.
- Que nese día se leve a cabo a adhesión do concello de Lugo a VioGén e á Rede de Entidades Locais contra a violencia de xénero.
Para Macamen López Silva tamén é importante recordar como o Concello de Lugo tamén mira cara outro lado con outra ferramenta de apoio ás mulleres víctimas de violencia machista que funciona a nivel autonómico, como a Rede de Municipios Contra a Violencia de Xénero, rede á que seguen sen adherirse.