Infraestructuras

El PP insiste que es imprescindible asfaltar la pista que une la Garaballa de Abaixo con la calle Camiño do Souto

By 27 marzo, 2023No Comments

No se trata de la primera ocasión en la que se pide una solución definitiva para este camino en el que hace años ya se realizó una actuación deficitaria

Os veciños da Garaballa de Abaixo xa están cansos de que o goberno de Lara Méndez e Rubén Arroxo non escoite a súa petición de arranxar a pista que une a Garaballa coa rúa Camiño do Souto, camiño que se atopa “en moi mal estado”, pola que non poden pasar dous coches ao mesmo tempo e na que todos os anos quedan varios coches atrancados xa que non hai asfalto.

Unha necesidade que os veciños defenden e para o que recolleron sinaturas en varias ocasións para instar ao goberno local a que arranxe este camiño, pero que seguen vendo como as súas reclamacións caen en saco roto.

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular recordan como o Concello de Lugo realizou hai varios anos unha actuación nesta pista, unha intervención “deficitaria” e que non serviu para solucionar os problemas existentes xa que o estado de conservación segue a ser “moi malo”.

Os populares insisten na necesidade de arranxar este camiño polo que presentarán un rogo para que se realice o asfaltado en quente desta pista, ademais doutras intervencións, como a colocación dunha varanda, ou outro elemento de seguridade, para evitar calquera accidente ao paso dos vehículos por unha ponte.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies