El Grupo Municipal del PP quiere que la alcaldesa de Lugo se posicione con respecto a la noticia del cierre del edificio del vicerrectorado del Casco Histórico . Os populares consideran que o goberno local “non pode poñerse de perfil nesta cuestión” e solicitan a Lara Méndez “que faga as xestións que estime necesarias para que o Vicerrectorado reconsidere pechar o edificio que ten no centro”. O popular pídelle “que presione ao vicerrector, que foi compañeiro de filas e tivo cargos dentro do PSOE, para que se replantee este posicionamento
VARAPAU PARA O CASCO HISTÓRICO
O voceiro dos populares lucenses insiste en que “esta decisión é perxudicial e supón un varapau para o casco histórico” insistindo en que “deben ser as institucións as que teñen que dar exemplo: se as institucións abandonan edificios no recinto amurallado como se vai pedir a particulares esforzos en conservación de inmobles da súa propiedade”.
Os populares anuncian que van presentar unha iniciativa no pleno cun único punto de acordo que é “instar ao vicerrector do Campus de Lugo, como responsable da USC, a que reconsidere o traslado dos servicios administrativos e manteña a actividade administrativa no edificio da Casa do Saber situado na Praza Pío XII”.