Seguridad

El PP insta a Méndez a flexibilizar las condiciones de uso de la galería de tiro de la Policía Local al resto de Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado

By 11 diciembre, 2021No Comments

Esta es una de las peticiones que salió de la reunión que los concejales populares mantuvieron con los representantes de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado, ya que ahora los agentes de la Policía Nacional tienen que desplazarse a Rozas y los de la Guardia Civil tienen que ir hasta Parga

Garantir a presenza policial nas rúas da cidade é unha das claves fundamentais para mellorar a seguridade en Lugo e por iso, o Grupo Municipal do Partido Popular pide a Lara Méndez un pouco de flexibilidade para que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado poidan empregar a galería de tiro da Xefatura lucense para realizar as súas prácticas.

Antonio Ameijide defende que deste xeito gañaríase en operatividade e en presenza policial nas rúas, ademais de que os axentes empregarían unhas instalacións máis modernas que as que usan na actualidade, xa que é moito máis cómodo para os axentes da comisaría e da comandancia da Garda Civil presentes na cidade desprazarse ata unha instalación que hai dentro do propio municipio en lugar de ter que realizar desprazamentos que poden ocupar máis dunha hora de servizo dos axentes.

Na actualidade as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado poden usar a galería de tiro da xefatura lucense, por un importe de 4,29€ por persoa e hora, ao que se engade unha reducción do 30%, polo que sería duns 3€ por persoa e hora. Pero hai unha serie de condicionantes na tramitación que non facilitan o acceso dos axentes do resto de corpos a esta galería, “de aí que pidamos flexibilidade” á rexedora para que o seu uso poida ser unha realidade pronto, en aras da seguridade lucense e dos propios axentes.

Explica Antonio Ameijide que se trataría de chegar a un acordo para flexibilizar, por exemplo, a liquidación e o pago das taxas xa que na actualidade é algo complicado debido a que teñen que notificar con antelación o número de axentes, o día e a hora en que van a participar nas prácticas de tiro e facer tamén a liquidación por adiantado, algo que non sempre se pode realizar xa que “pode xurdir calquera tipo de emerxencia de seguridade pública que requira aos axentes para traballo de campo”. “Dende o PP entendemos que se pode facer un protocolo máis flexible”, sinalou.

Unha situación que deriva en que os axentes do CNP teñan que desprazarse ata Rozas, unha viaxe que, entre a ida e a volta, ronda os 50 minutos, polo que calculando este tempo co número de axentes que hai na comisaría lucense falamos dunhas 733 horas de traballo ao ano, aproximadamente.

Peor situación teñen os axentes da Garda Civil, xa que teñen que desprazarse dende a comandancia de Lugo ata Parga, polo que xa falamos dun desprazamento de hora e media aproximadamente, entre a ida e a volta, sen esquecer que as condicións na galería de tiro da Policía Local son moito mellores.

Esta é unha das conclusións que se obtiveron da xuntanza realizada entre concelleiros populares e representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, polo que os populares piden á alcaldesa que se modifique a ordenanza para dar unha maior flexibilidade na tramitación para facilitar o acceso destes axentes á galería de Lugo, xa que permitiría aforrar tempo nos desprazamentos o que se traduciría en ter máis axentes na rúa.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies