El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que después de reunirse con varios pequeños empresarios y autónomos de la Milagrosa constató como la mala planificación de la peatonalización de la calle Mallorca y Recatelo, está perjudicando la diferentes negocios de esta calle y adyacentes ya que se dificulta la circulación para proveedores y clientes
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, insta a Lara Méndez e a Rubén Arroxo a que deixen a un lado a pelexa diaria polo titular, unha loita para posicionarse como o verdadeiro alcalde da cidade que está a facer dano a moitas empresas da cidade.
Antonio Ameijide refírese ás peonalizacións en masa que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo están a anunciar por toda a cidade, algo que “debe facerse con estudos previos” para ver que zonas da cidade son as que presentan mellores características para poder destinarse como espazos para as persoas, “buscando sempre alternativas que garantan a mobilidade e o acceso e futuro dos negocios”.
O concelleiro popular pon como exemplo a peonalización da rúa Mallorca, unha rúa na que hai varios establecementos de hostalería, pero tamén outro tipo de negocios que se viron afectados pola peonalización desta rúa. Neste senso, o popular explica que “estamos de acordo” en que se permita a peonalización temporal desta e outras rúas para axudar aos negocios de hostalería a recuperarse do duro golpe que supuxo a alerta sanitaria derivada polo Covid-19, pero non é menos certo que, por exemplo, nesta rúa hai outro tipo de negocios aos que afectou negativamente a peonalización da rúa.
Ameijide fala de negocios relacionados coa electricidade, venda de electrodomésticos, venda de pintura ou mesmo a oficina de Correos. Estes establecementos viron como os seus clientes xa non poden acceder nos seus vehículos para poder cargar as mercancías que distribúen estes establecementos, ou mesmo un particular non pode achegarse no seu vehículo particular para depositar ou recoller paquetes de grandes dimensións da oficina de Correos.
Por iso, o concelleiro popular pide que este tipo de actuacións se fagan con cabeza e nunca por unha teima persoal, xa que os danos colaterais poden prexudicar a moitos pequenos empresarios e autónomos. “Non queremos recordar o que pasou coa peonalización da Praza da Milagrosa, unha obra feita pola teima da alcaldesa, e que tivo como consecuencia que pecharan ata cinco negocios da zona. Este tipo de actuacións hai que planificalas e facer todos os estudos previos para estudar o impacto que poden ter no entorno”, explica.
Ante esta situación, o Grupo Popular remitirá un escrito a Lara Méndez e outro a Rubén Arroxo para instarlles a publicar as condicións que rexen este tipo de peonalizacións temporais xa que hai sinais que indican o comezo da mesma pero que pon como data de remate “ata novo aviso”, ademais de permitir o acceso a residentes e usuarios dos negocios da zona. “Un Concello serio como ten que ser o de Lugo, non pode rexerse por unha loita de egos, polo que o primeiro que ten que quedar claro é quen ten competencias en materia de peonalizacións, se Lara Méndez ou Rubén Arroxo”, explica.
O Concello de Lugo tamén debería estudar a posibilidade de ampliar as zonas de carga e descarga nas rúas peonís, xa que ao suprimir as zonas de estacionamento para os vehículos “debería darse todo tipo de facilidades” aos diferentes negocios que existan nestas zonas.