ObrasTráfico

El PP insta a Rubén Arroxo a garantizar la seguridad para los peatones en las obras de la Ronda de la Muralla

By 27 julio, 2021No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Rafael Pérez explica que los peatones que bajan hacia Rúa Santiago desde la Ronda de la Muralla tienen que caminar por la calzada, a un lado de los vehículos, sin ninguna protección más que unos conos

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, pide a Rubén Arroxo que tome as medidas necesarias para garantir a seguridade a peóns e condutores nas obras que se están a levar a cabo na Ronda da Muralla.

Explica Rafael Pérez que despois de recibir queixas por parte dos veciños da zona, alertando do perigo ao camiñar cara o centro da cidade ou para baixar cara a Rúa Santiago nos achegamos ata a zona e comprobamos como a única posibilidade facilitada polo goberno local é camiñar ao carón dos coches, “nuns puntos separados por uns conos e noutros sen ningún elemento de separación”.

O concelleiro popular lamenta esta situación xa que segundo se retirou parte da valla metálica para poder realizar as obras, “non vemos maior problema en retirar por completo a valla da beirarrúa mentres duren estes traballos para que os peóns poidan subir a beirarrúa o máis axiña posible e así se evita que compartan a calzada cos vehículos, minimizando ao máximo os riscos”. Ademais, di o popular, no caso de que non se poida retirar a valla, debería de habilitarse un carril para os peóns con algo máis que uns simples conos. Rafael Pérez fai esta última reflexión xa que hai puntos nas obras nos que se habilitou un paso para peóns, segregado da calzada mediante separadores e vemos como noutros puntos non se garante unha seguridade mínima.

Rafael Pérez sinala que estas obras tamén xeran certa incertidume entre os veciños xa que non saben como van a ser os accesos unha vez rematen os traballos. Neste senso, o popular sinala que segundo figura no proxecto de reurbanización da Ronda da Muralla se trocará o sentido de circulación das rúas Cidade de Vivero e de Pascual Veiga, polo que agora os veciños terán que dar un rodeo para chegar ata as súas vivendas xa que só poderán acceder subindo dende a Rúa Santiago, ao non quedar ningún acceso dende a Ronda ata Cidade de Viveiro, segundo se recolle no proxecto. Por iso, dende o Grupo Popular se propón que se estude a posibilidade de habilitar un acceso á rúa Cidade de Viveiro para os vehículos que veñan dende a Ronda da Muralla para evitar “posibles rodeos innecesarios” aos veciños que queren acceder aos seus garaxes e vivendas.

Algo ao que haberá que engadir os posibles atascos que se poden dar cando se inicie de novo o curso escolar xa que na zona hai un centro educativo e ademais é unha zona de paso obrigada para o resto de centros educativos que hai nas cercanías.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies