El Grupo Municipal quiere recuperar el espíritu de la Comisión de fiestas para conseguir “entre todos los grupos políticos consensuar una programación de las patronales de Lugo en la que se de cabida a todos los gustos”.
A concelleira popular Beatriz Vázquez amosou “o seu malestar pola forma coa que os nacionalistas nos despacharon na primeira e única reunión que houbo da Comisión de Festas”. Ou cambian de actitude ou nos veremos obrigados a abandoar a comisión por ese motivo solicitamos a Maite Ferreiro que clarifique “o modelo de patronais que queren facer xa que a pandemia nos obriga a planificar se cabe con máis tempo calquera acto público”.
A xuicio da edil popular “non é serio que nos empracen a unha segunda reunión para o mes de setembro para darnos xa pechado o seu programa: non estamos dispostos a ser convidados de pedra”.
O PP ten claro que “a opción máis segura e que permitiría controlar aforos de forma cómoda sería ter o novo auditorio de Magoi funcionando para acoller eventos, pero claro eso supón saber que contido dárlle e ter unha planificación económica para poñelo en marcha”.
Vázquez conclúe “o BNG amosa, coa complicidade da alcaldesa, a súa cara máis radical e antidemocrática: impoñen o rodillo para contratar aos seus afíns a través de contratos menores”. “Nós estamos dispostos a tenderlles a man pero para iso deben mudar de sistema de traballo e recuperar o modelo de Comisión aberta e participativa para que o San Froilán sexa de novo unha festa de todos”.