Jaime Castiñeira afirma que “una situación que debería ser excepcional se está convirtiendo en algo habitual” en relación a que en un plazo de cuatro meses ya han renunciado al acta de concejales 3 de los 8 que salieron elegidos en las municipales
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular afirmou que “situacións que deberían ser excepcionais se están convertendo en habituais” dese xeito se refería á última dimisión dun concelleiro socialista do goberno de Lugo.
Jaime Castiñeira explicou que “o abandono por motivos políticos, nun prazo de catro meses, de 3 dos 8 edis da lista do PSOE reflicte os problemas que está a ter a alcaldesa dentro do seu propio equipo”. O popular refírese á marcha de Grandío, a de Santín e á forzada de Orozco que xa nin tan sequera chegou a tomar posesión. O popular subliñou que “só nos queda por saber quen vai ser o seguinte porque moito nos tememos que esto non vaia terminar aquí”.
Castiñeira explicou que “estas dimisións son froito das manobras socialistas que teñen como obxectivo evitar que goberne o Partido Popular malia que foi quen gañou as eleccións”.
Castiñeira teme que a dimisión de Grandio non sexa a última explicando que “os socialistas, de momento, perderon a tres puntais con experiencia e que tiveron un papel protagonista no cartel electoral do PSOE”. O voceiro do PP advirte que a marcha dos edis poda derivar a medio prazo nunha reestructuación do goberno “coas repercusións negativas que esto podería acarrear para axilizar tramitacións tan importantes como a xestión do ciclo da auga”. Castiñeira lembrou como o último edil que abandonou o goberno local era o responsable da xestión deste servizo apuntando que “está claro que a desautorización da alcaldesa, a semana pasada, a Grandio con este asunto serviu de empuxón para que este abandonase o barco”.
Os populares ven lóxica esta desbandada preguntándose “como se pode estar ao lado dunha alcaldesa que cando pola maña di unha cousa e pola tarde desautoriza esta versión?”.
Diante deste espectáculo o voceiro popular ve complicado “evitar o naufraxio do goberno local” lamentando que “os perxudicados sexan, unha vez máis, os lucenses” xa que é previsible que “se ralenticen, ainda máis, asuntos que de por sí xa estaban máis que atascados”.
Por último o voceiro popular recomendou aos novos edis que entrarán na corporación que o pensen dúas veces antes de entrar no goberno xa que o panorama co que se van a enfrontar é complicado polas herdanzas envelenadas que deixou Orozco e os enredos que están montando a nova alcaldesa”.