Infraestructurastransparencia

El PP lamenta la inacción y la falta de voluntad del bipartito para entregar terrenos edificables a la Xunta para el nuevo centro de salud del Sagrado Corazón

By 29 marzo, 2022No Comments

Ramón Carballo: “la falta de planificación frena la creación de una nueva dotación sanitaria en el barrio que sea más moderna, espaciosa y accesible y, también, impide a los vecinos ganar espacios públicos para ocio y el fomento del asociacionismo”

O voceiro do Partido Popular Ramón Carballo reclama que o Concello de Lugo busque con urxencia unha parcela ou un inmoble que cumpra os requirimentos necesarios para a construcción do novo centro de saúde do Sagrado Corazón. Esta proposición dos populares “é preventiva” xa que desconfían que “pola falta de interese do goberno local  chegue a bo porto a cesión do edificio do antigo colexio do Sagrado Corazón por parte da entidade bancaria propietaria”.

Dende o PP “levabamos anos reclamando que o goberno local fixese as xestións oportunas con Abanca para co que “en canto o novo colexio abrise os equipamentos de uso educativo, os vellos pasasen a ser titularidade municipal e polo tanto se lle puidese dar un uso público”.

Ramón Carballo afirma que con esta infraestrutura o goberno de Lara Méndez repite unha estratexia de vitimismo “cando queda constatada que houbo, polo súa parte, dende hai anos unha inacción de libro, sempre a expensas de que outras administracións lle solucionen os problemas”

“Un bo xestor, a estas alturas, xa tería en propiedade estas dotacións para que os veciños puidesen disfrutar dunha pista polideportiva aberta, unha gran praza pública, locais para asociacións de tipo social, veciñal ou xuvenil e a maiores xa se podería contar cun informe no que se analizase se os edificios do antigo colexio se adaptan para un uso sanitario. Deste xeito se avanzaría na busca de terreos no barrio para poñer a disposición da Xunta e tramitar a construción dun novo centro de saúde”.  “En vez de todo esto, o que temos no barrio son uns edificios pechados e infraestructuras que poderían utilizarse para o ocio e o deporte valladas”.

O voceiro do Grupo Popular lamenta que a alcaldesa non contestase a unha carta remitida o pasado 11 de marzo na que lle recordaba a petición, que xa lle trasladou en novembro a Lara Méndez, reclamándolle unha parcela duns 1.534m2 para construción deste novo centro sanitario.

Os populares solicitan aos socialistas “pasos firmes” con este proxecto para configurar e mellorar o  barrio lembrando que o seu grupo “leva anos liderando a creación de novos equipamentos para o barrio como foi a defensa do novo colexio que se inaugurou este mesmo ano”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies