El concejal popular Manuel López critica “el nulo apoyo” de Lara Méndez y Rubén Arroxo para asentar población en el rural, ya que permiten que se tarde una media de 700 días a concesión de licencia para construir una vivienda en las parroquias.
O Grupo Municipal do Partido Popular segue moi preocupado pola situación na que se atopa a resolución de expedientes de licenzas nas parroquias do rural, xa que segundo os datos do expedientes do primeiro semestre do ano a resolución media da solicitude de licenza se sitúa nos 611 días, que xeraron un volume de negocio total de 3.602.204,30€.
Manuel López insiste en que a situación “é moi preocupante” xa que como sempre dixemos dende o Grupo Municipal Popular “urxe axilizar e desbloquear os expedientes” en lugar de seguir a mantelo nunha situación de bloqueo, “perpetuando no tempo os trámites” o que propicia que moitos dos solicitantes “desistan na súa petición ou mesmo rematen noutros concellos”. Situación que se certifica en que o 90% das licenzas concedidas no que vai de ano exceden o prazo legal de 90 días.
A realidade é que o 32% das licenzas concedidas déronse en menos dun ano, o 28% entre un e dous anos e o 30% restante superan os dous anos de espera.
Para o concelleiro popular “non ten sentido” a liña que están a seguir dende o goberno local e pregúntalles que pensan facer para asentar poboación no rural, xa que as peticións para construír unha vivenda nas parroquias tardan en resolverse unha media de 700 días. “Hai casos nos que tardaron case seis anos en responder a una solicitude de licenza, é así como pensan asentar poboación no rural?”, pregunta.
A realidade é que o Concello de Lugo, co PSOE e o BNG á fronte está a multiplicar por oito o prazo que marca a lei de resolver este acto regrado en 90 días e que tras consultar os expedientes queda claro que en Lugo se incumpre de forma regular. Polo que o popular esixe ao bigoberno que reforcen os servizos que interveñen na concesión de licenzas, xa que o persoal que está a realizar todo este traballo está desbordado e, pese a iso, realizan o seu traballo do mellor xeito posible, tentando minimizar os prazos.
No que se refire ás solicitudes de licenza para a construción de alpendres, naves ou outras infraestruturas a realidade non é moito mellor xa que a media en resolver sitúase nos 616 días. “Queda claro que algo hai que cambiar porque a situación non pode seguir así, xa que se está a poñer trabas á iniciativa empresarial no rural”, lamenta.
Os outros aspectos avaliados polos populares na resolución de licenzas non presentan datos moito mellores xa que as peticións para o parcelamento de fincas resólvese nunha media de 366 días e outro tipo de peticións resólvense nunha media de 456 días.
Outro aspecto que afecta á política urbanística no rural é o 5% do PXOM que está pendente de aprobar e que afecta a un total de 160 núcleos “onde non é posible solicitar licenzas”. “Estamos a falar de 24 anos para facer este trámite que nos leva custado 750.000 euros”, sentenciou.