Encarna Amigo critica que “a las puertas del verano, un año más, las esculturas de las calles y plazas sigan presentando un estado de mantenimiento y conservación lamentable y que desprestigia, a ojos de los vecinos y de los turistas, el buen hacer de los artistas lucenses”
A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular Encarna Amigo lamenta “o abandono” e “a mala imaxe” que presenta o patrimonio escultórico “ás portas do verán”.
Logo de realizar unha exhaustiva revisión destas obras espalladas ao longo das rúas e prazas do municipio, a popular afirma que “a conclusión é clara”: o goberno local “non está á altura” do que merecen lugueses e turistas “e, sobre todo, os artistas lugueses e as súas familias que ven como a despreocupación dos socialistas desloce o seu bo facer debido ao estado de mantemento e conservación lamentable no que se atopan os conxuntos escultóricos”.
A título de exemplo, Encarna Amigo detalla que “o goberno local nin sequera se molestou por darlle un mínimo lavado a obras de arte como a da Praza do Ferrol, nin tampouco en repoñer, despois de moitos anos, as pezas que faltan nalgunha do Parque de Frigsa”. “Son só dúas mostras do grao de abandono das esculturas”, que tamén se aprecia noutras pezas da zona de Fingoi.
Paralelamente, a edil popular denuncia que “pezas emblemáticas e senlleiras como son a da matrona ou a de Puchades en homenaxe ás vítimas da Guerra Civil continúan sen ocupar o lugar que merecen”. A ese respecto, Amigo ve “inxustificable” que o goberno local non se molestara “nin un mínimo” en recuperar a matrona extraviada que acompañaba aos leóns da Praza Maior. “Pasaron os anos e os socialistas deixan morrer esta lamentable perda pero o certo é que na memoria dos veciños segue moi vivo”, advirte.
Así mesmo, a popular asegura que “tan nula é a preocupación dos socialistas que en medio ano nin sequera foron capaces de devolver ao seu emprazamento orixinal a emblemática escultura de San Vicente reparada”. “De pouco serve a celeridade coa que a Xunta de Galicia autorizou a súa rehabilitación se, á hora da verdade, os socialistas se desentenden de que a concorrida Praza do Campo recupere un dos seus símbolos”, sinala.
Por último, Encarna Amigo censura que os socialistas “non só se desentendan do acordo plenario que promovemos dende o Grupo Municipal do Partido Popular para elaborar un inventario dos elementos escultóricos e o consecuente acondicionamento das pezas”, senón que tamén incumpren a Lei, que obriga á administración local ao correcto mantemento e conservación destas pezas. “É unha vergoña que Lara Méndez continúe, igual que o facía Orozco, tirando por terra a tarefa de escultores como Manuel Mallo, Juan Puchades, Paco Pestana, Víctor Corral, Villapol Parapar ou Juan Vila, por citar só algúns exemplos”, conclúe.