Urbanismo

El PP lamenta el veto de PSOE y BNG a la propuesta para mejorar la forma de planificar y construir la ciudad

By 30 junio, 2022No Comments

El Partido Popular lamenta el voto en contra de PSOE y BNG a crear una mesa de trabajo en materia de urbanismo y les recuerda tanto a la alcaldesa y a sus socios del BNG que “usar el dinero de todos para planificar, sin escuchar la profesionales o al resto de grupos de la corporación, está pasando factura al diseño de Lugo”

O proceso edificatorio é unha actividade complexa que require da intervención coordinada e conxunta dos axentes da edificación, cada un deles coas súas competencias e as súas responsabilidades. Como consecuencia desta complexa actividade, con actuacións encadeadas e superpostas, requírese dunha colaboración eficaz entre os intervintes, actores públicos e privados, que redunde no bo fin do devandito proceso, coa rapidez, calidade e seguridade que requiren tanto axentes como usuarios e terceiros.

O Concello de Lugo na actualidade puxo en marcha algunhas medidas coa finalidade de axilizar e mellorar a xestión na área de urbanismo. Con estas medidas está a recoñecer a problemática existente en dita área. Este área supón un problema para moitos profesionais, particulares e cidadáns en xeral, que ven como os prazos de resolución poden demorarse no tempo e como determinados criterios poden variar en función do técnico que revise o expediente.

Analizar e profundar no desenvolvemento de trámites administrativos necesarios para a consecución dunha licenza e garantir que exista un criterio unánime por parte da administración, é algo fundamental para axilizar un servizo que ademais dos proxectos privados e os do propio concello, pode prever un incremento no volume de solicitudes nos próximos meses, debido á chegada de fondos europeos e ás axudas a particulares para a rehabilitación e para a mellora da eficiencia enerxética das súas vivendas.

Unha vez publicada a instrución para dar licenzas a proxectos básicos de obra (sen esperar aos proxectos de execución) e a de redución de tempos na concesión de licenzas de obra (pedindo á vez os informes que deben emitir os distintos departamentos municipais) faise imprescindible dar seguridade ao contribuínte facendo vinculantes os informes elaborados polos técnicos, de forma que o criterio do funcionario que revisa un expediente nas distintas fases sexa concordante co emitido ou coas consultas resoltas polos seus compañeiros nas fases previas.

Medidas que simplifiquen a burocracia municipal na concesión de licenzas e que permitan aos cidadáns ter a certeza de que poden obter unha licenza nun prazo razoable faise a día de hoxe imprescindible, xa que moitas empresas ven proxectos bloqueados porque as licenzas non chegan a tempo para solicitar e obter axudas das diferentes administracións.

En beneficio de propietarios, usuarios e da cidadanía en xeral parece necesario manter reunións periódicas de traballo entre as institucións públicas, organizacións vinculadas ao sector da construción, do urbanismo, ou mesmo organizacións empresarias que representadas nunha MESA DE TRABALLO E COLABORACIÓN PARA A MELLORA URBANÍSTICA DE LUGO conveñan na elaboración dun Acordo Marco de Colaboración que vele polo cumprimento dos compromisos individuais e conxuntos que o integran e que posibilitan un enriquecemento e desenvolvemento progresivo do proceso edificatorio na cidade, pero sempre coas garantías precisas para os cidadáns.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

A creación dunha mesa de traballo, de carácter permanente, na que participen todas as organizacións relacionadas coa edificación na nosa cidade, así como os grupos municipais, co obxectivo de redactar un Acordo Marco de Colaboración que permita axilizar os trámites necesarios para a obtención de licenzas

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies