Infraestructuras

El PP lamenta que Arroxo se oponga a la Ronda Este ya que el BNG trabaja por un Lugo en pequeño

By 21 febrero, 2023No Comments

Los populares afirman que “el BNG quiere un Lugo en pequeño al igual que una Galicia en pequeño fruto de una política excluyente, radical y que supone un retroceso para la ciudad”

Ramón Carballo non comprende a oposición do BNG a un proxecto que aínda non está en información pública e que os seus antecesores aplaudían cando se presentou no ano 2004.

“O bloqueo a esta infraestrutura de futuro para Lugo é porque ven da man da Xunta” manifestando que o ruído mediático dos nacionalistas é para gañar un espazo nos medios.

Dende o PP insisten en que Arroxo vive nun mundo irreal e que non ten os pés na terra indicando como foi a Fontiñas a inaugurar uns paneis para ir polo espazo pero non é capaz de visualizar na rúa os problemas de caos de tráfico que ten a cidadanía.

Ramón Carballo lémbranlle ao nacionalista que a Rolda Leste aliviará o tráfico en arterias como a Avenida das Fontiñas lamentando que “non teña un proxecto propio máis aló que replicar o que outras administracións fan por Lugo”

Para o Grupo Popular “a Rolda Leste é un proxecto irrenunciable xa que se trata dunha infraestrutura de futuro para a cidade e que os lucenses levan anos reclamando”.

“O cambio de criterio dos nacionalistas e a súa postura radical confirma que de cara ás eleccións aflora o BNG real, o que quere a veciñanza de Lugo siga usando carros de vacas ou que nos quere obrigar a ir en bicicleta a todos os lugares”.

Tanto as declaracións do vicealcalde como as do ex alcalde socialista Orozco, desta fin de semana, son froito do nerviosismo que hai nas filas de ambos partidos porque non lles dan ben as enquisas para as eleccións de maio. En ambos casos se confirma o retroceso de Lugo despois de 25 anos de políticas de esquerda no concello de Lugo.

Os populares afirman que “Orozco recoñeceu que ve un Lugo parado mentres que Arroxo confesa que o seu antecesor Fernando Blanco traballaba hai 20 anos por un Lugo de 300.000 habitantes cando el hoxe coas súas políticas non chega aos 97.000”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies