EconomíaTráfico

El PP lamenta que Lara Méndez y Rubén Arroxo se nieguen a anular la subida del precio de los aparcamientos subterráneos municipales

By 26 enero, 2023No Comments

Los populares no entienden que tanto PSOE como BNG voten en contra de anular esta subida de precios de los aparcamientos soterrados municipales y que sea el Ayuntamiento de Lugo lo que asuma, con fondos propios, la subida económica para garantizar lo equilibro de la concesión.

No ano 1986 constrúense en Lugo tres aparcadoiros soterrados que veñen a dar resposta á unha necesidade altamente demandada polo tecido social e empresarial da cidade.

Dende esta data, o tema das prazas de aparcamento ten dado moito de si nesta cidade. Así, no ano 2015, suspendíase o servicio de rotación de vehículos (ORA) sen dar alternativas e neste ano 2022 rematouse un carril bici que elimina máis de 300 prazas de aparcamento ao longo do seu traxecto pola cidade, sen repoñer estas prazas nos barrios.

Atopámonos así cun problema que os cidadáns detectan e para o que demandan unha solución. De feito, Lugo é a única cidade galega na que os seus veciños encontran nun tema local como os aparcamentos ou a seguridade a súa maior preocupación.

Ante esta situación, que aboca ao centro histórico de Lugo á morte, o goberno local toma a medida de incrementar o prezo das tarifas dos aparcadoiros. Unha medida que será a puntilla que remate co comercio e a hostalería do centro da cidade, que ve como, cada vez máis, a actividade se traslada a outras zonas da cidade que cada vez están máis dotadas de servicios en detrimento do casco histórico que debería ser o motor da actividade social da cidade e o revulsivo económico que arrastrase tras de si ao resto de barrios da cidade.

Coas restricións de aparcadoiros, cando a veciñanza reclama de forma urxente medidas como aparcamentos disuasorios ou sistemas rotativos, o goberno sube as tarifas dos aparcamentos públicos ata un 10,4%.  Unha medida que supón un claro deixamento de funcións por parte do Concello de Lugo que debería mirar pola veciñanza tratando de lograr as mellores condicións económicas e de servizos en tódolos ámbitos, mentres outras administracións conxelan ou baixan tarifas das concesións.

 

Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. Anular a subida establecida nas tarifas dos aparcadoiros municipais publicada no BOP de Lugo en data 28/12/2022.
  2. Que o Concello de Lugo realice os cambios, acordos e modificacións necesarias para non repercutir a subida do custe dos aparcamentos aos usuarios e que o incremento no prezo para garantir o equilibro da concesión o asuma o Concello de Lugo con fondos propios

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies