Óscar Poy explica que en el campo de rugby de As Pedreiras, en el que hace un año se invirtieron 39.000€ para sembrarlo y poner a punto el sistema de riego, se despilfarra agua ya que el riego automático está estropeado y vierte agua a las pistas de atletismo
O anuncio do goberno local de reducir o consumo de auga para cumprir coas recomendacións pola seca e falta de chuvia semellan unha nova campaña propagandística do goberno local máis que un actuación para loitar contra a seca, despois de ver a situación na que teñen o campo de rugby de As Pedreiras, no que se malgasta a auga por ter en mal estado o sistema de rega.
O concelleiro popular Óscar Poy lamenta que “mentres o goberno de Lara Méndez anuncia que apagan as fontes públicas ornamentais para evitar o malgasto de auga mantén avarías nunha instalación deportiva que perde auga cara ao tartán pese a que o campo está totalmente estragado pese a que hai un ano o renovaron por 39.000€”.
Para Óscar Poy estamos ante un novo exemplo da maquinaria propagandística de Lara Méndez que agora ve que pode obter réditos electorais por pechar a billa nas fontes ornamentais, como pensou que podía facer o ano pasado cando prometeu no campo de rugby de As Pedreiras que realizaría un mantemento mensual. “En menos dun ano xa está estragado e teñen que sementar de novo todo o campo, sinal do deficiente mantemento das instalacións deportivas, en sintonía co deficiente mantemento doutras instalacións públicas do goberno local”, criticou.
Unha situación ante a que o concelleiro popular pide “traballo e altura de miras” ao goberno local, xa que esta instalación precisa de novo dunha intervención urxente e aproveita para preguntar ao goberno local se, á vista do estado da instalación, segue a presumir, como fixo hai poucos meses, de que este segue a ser “un dos mellores campos de Galicia para a práctica do rugby”.