Antonio Ameijide espera que la nueva empresa concesionaria devuelva a Lugo la imagen de limpieza que nunca se debió de perder, ya que con Lara Méndez como regidora Lugo alcanzó la dudosa honra de ser la ciudad más sucia de las siete grandes ciudades de Galicia
Hoxe comezou a funcionar en Lugo a nova concesionaria que do servizo de limpeza municipal, unha regularización do contrato que chega cinco anos e medio tarde (o contrato caducou o 31 de marzo de 2017) e que dende as filas populares agardan que sirva para devolver a Lugo a imaxe de limpeza que nunca se debeu perder.
Sinala Antonio Ameijide que “chega moi tarde” esta regularización do contrato e, polo visto, “a nova empresa concesionaria ten moito traballo por diante”. Explica o concelleiro popular que, moi preto das instalacións da nova concesionaria, pode verse o abandono e falta de aseo de Lugo, xa que o polígono de O Ceao está cheo de lixo e hai moitos puntos nos que a maleza invade as beirarrúas, polo agardamos que comece a cambiar a imaxe de suciedade dende xa”.
Unha situación que hai que corrixir de inmediato, xa que con Lara Méndez como alcaldesa Lugo acadou a dubidosa honra de ser a cidade máis sucia das sete grandes cidades galegas, un motivo máis para non entender a demora en poñer en regularizar este servizo, que é o máis custoso para as arcas municipais e que supera os 100M€.