EconomíaInfraestructurastransparencia

El PP lamenta que Méndez anteponga el electoralismo a las necesidades de los vecinos de la Croa para activar la propuesta del PP para entregar las escrituras a los vecinos

By 7 marzo, 2019No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide afirma que “hay claros tintes electoralistas” ya que después de que en junio del año pasado “me los había puesto sobre la mesa” a solución para las viviendas de la Croa, no fue hasta el mes pasado cuando Lara Méndez dio la orden a los técnicos municipales para ponerse a trabajar en la solución para estas viviendas

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, lamenta que Lara Méndez antepoña os seus intereses persoais aos dos veciños da cidade ao “calcular e xogar” cos tempos electorais para entregar “algo” aos veciños da Croa que levan 20 anos agardando polas escrituras das súas vivendas.

Antonio Ameijide recorda que o pasado mes de xuño “puxemos sobre a mesa” a solución máis áxil para que os veciños da Croa puideran pasar páxina dunha vez. Unha solución que Lara Méndez se negou a escoitar durante meses e, tivo que aceptar, unha vez “a presentamos a todos os voceiros dos grupos municipais” e non foi ata o mes pasado, 9 meses despois, cando Lara Méndez deu a orde aos técnicos municipais de poñerse a traballar na solución para a Croa.

A solución proposta polo Grupo Municipal Popular pasaba porque o equipo de goberno encargue no Concello un proxecto de parcelación da zona onde se atopan as vivendas da Croa e logo, unha vez aprobado no Concello, inscribir as parcelas no rexistro da propiedade para, posteriormente, entregarlle as escrituras aos lexítimos propietarios das vivendas. “O proceso é rápido e sinxelo, o único que fai falta é vontade política”, afirmou o voceiro popular.

Un proceso que podería durar uns 3 meses e que a alcaldesa dilatou ata os tres últimos meses de mandato unicamente pensando en obter réditos electorais. “O único que quere a alcaldesa é entregar algo aos veciños da Croa na procura de votos para tentar, á desesperada, manterse no sillón”, explicou o popular.

As familias afectadas, ao non dispoñer do título de propiedade dos inmobles, non poden hipotecar ditas vivendas, avalar préstamos, e incluso, atopan moitas dificultades á hora de facer o testamento ante notario. Outra cuestión que lles afecta ten que ver coa alta no servizo de abastecemento de auga o que lles obriga a pagar en dous recibos o consumo “o que supón un sobrecusto” porque acumula os gastos en dous pagos, situación que se mantén na actualidade pese ás promesas da alcaldesa para corrixilo. Ademais, como se acumula a lectura de varios meses cambia o tramo de facturación e, nalgún caso, duplícase o importe por m3 de auga. “Se temos en conta que falamos de familias con escasos recursos, queda patente unha falla de sensibilidade por parte do goberno local”, afirmou Ameijide.

O voceiro popular lembrou como os veciños das quince vivendas unifamiliares, situadas no barrio de Albeiros, levan agardando polas escrituras dende que en febreiro do ano 2000 lles entregaron os inmobles. “Era unha das primeiras encomendas que o alcalde do Partido Popular, Joaquín García Díez, deixou pendente en 1999. Os populares lembran que a construción destas vivendas sociais foi aprobada na Xunta de Goberno Local do 17 de decembro de 1997, cun prazo de execución de nove meses e por un importe total de 103.530.141 pesetas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies