Economíatransparencia

El PP lamenta que ni el Estado Alarma ponga freno a los reparos de legalidad que ya consiguen los 12.5 M€

By 30 mayo, 2020No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Ramón Carballo afirma que en los últimos meses seguimos comprobando como Lara Méndez sigue levantando pagos con reparos de legalidad puesto que la regidora mantiene un elevado número de servicios con el contrato caducado o sin contrato en el Ayuntamiento de Lugo, pagos que ya ascienden a 12.485.268,91€

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón carballo, denuncia que Lara Méndez e Rubén Arroxo manteñen a dinámica de pagos fóra da legalidade dos anos anteriores, xa que no que levamos de ano permitiron o pago de 12.485.268,91€ con reparos de legalidade.

Ramón Carballo sinala que tanto a alcaldesa como o vicealcalde manteñen a dinámica coa que pecharon o ano 2019, no que bateron todos os récords negativos de pagos ao marxe da legalidade, xa que entre Lara Méndez e Rubén Arroxo desbloquearon o pagamento de 27.911.883,44€.

O voceiro popular sinala que debido á “nefasta” planificación económica do bigoberno o Concello de Lugo segue sumido nunha espiral de pagos de facturas con reparos de legalidade. “O peor de todo é que de seguir a dinámica coa que comezaron o ano, o Concello de Lugo baterá neste ano o récord negativo do ano 2019”, afirmou.

Nesta espiral de pagos con reparos de legalidade sobresae a empresa encargada da limpeza e recollida do lixo da cidade, á que no que vai de ano xa lle pagaron 3.411.265,77€ ou as empresas encargadas da xestión do ciclo da auga, que xa cobraron das arcas municipais neste ano 1.422.653,21€. “Seguimos a ver como autorizan pagos millonarios ao marxe da lei, unha dinámica perigosa na que manteñen ao Concello de Lugo”, apunta.

Pero tamén hai outros contratos que levan boa parte dos pagos con reparos de legalidade, como a encargada da xestión das zonas verdes da cidade, á que xa lle pagaron neste ano 667.269,25€, ou a empresa encargada do control e mantemento da rede semafórica, que xa cobro 779.772,13€.

Para evitar esta situación, Carballo urxe ao bigoberno a devolver á legalidade todos aqueles servizos que se atopan co contrato caducado ou directamente sen contrato, recordando que desde o servizo municipal de intervención xa se sinalou en numerosos informes que este tipo de pagamentos “derivan da prestación de servizos efectuadas sen soporte contractual que os ampare en función da súa natureza, informes nos que se sinalaba que se efectuaban os reparos ben porque tivera finalizado a vixencia dos respectivos contratos sen terse iniciado o expediente de novas licitacións, permitindo a continuidade das prestacións en precario e coa natureza da prórroga consentida sen cobertura contractual, ben porque se tivera considerado como gastos/contratos menores non xustificándose tal condición nin pola natureza, nin pola periodicidade nin pola contía acumulada”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies