Economía

El PP lamenta que en el peor momento de la pandemia el bigoberno tarde varios años en pagar a entidades sociales, autónomos, empresas y familias de Lugo

By 28 febrero, 2021marzo 1st, 2021No Comments

La concejal del Grupo Municipal del PP Cristina Abades critica que parte de las facturas que el bigoberno llevó al pleno para consignar nuevas partidas presupuestarias cuentan con reparos de legalidad por parte de la intervención municipal, lo que certifica que carecen de los procedimientos legales necesarios para proceder a su pago

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Cristina Abades, pon o punto de mira na calidade e no tempo de pago a empresas e provedores do Concello de Lugo, xusto no peor momento da pandemia, no que as familias, as empresas e os autónomos precisan de liquidez para poder afrontar os seus pagos, unha situación que o bigoberno no entende, xa que pediron o apoio da corporación para desbloquear o pago de facturas, moitas delas dos anos 2016 e 2017.

Cristina Abades explica que o bigoberno solicitou no pleno de onte desbloquear 238.668,54€ en recoñecementos extraxudiciais de créditos, tendo algunha das facturas presentadas varios anos de antigüidade e reparos de legalidade por parte da intervención municipal.

Estas facturas poden agruparse en varias categorías, desde subvencións, ata pagos polo mantemento de diferentes instalacións municipais ata habitacións de hotel.

No referente ás subvencións, este recoñecemento extraxudicial de crédito corresponde ao pago de 77.634,42€ en subvencións de anos anteriores (2018, 2019 e 2020) o que pon de manifesto os malos xestores que son tanto Lara Méndez coma Rubén Arroxo, que nin se preocupan de que estes cartos, “moi necesarios e imprescindibles” para o tecido asociativo, vemos como teñen que esperar varios anos para cobralos.

Cristina Abades tamén pon o punto de mira nas numerosas facturas de habitacións de hotel 2.548,05€ en sete facturas de diferentes anos. O curioso xa non é que deban as facturas de hotel, o grave é que algunha desas facturas é do ano 2016, de cinco anos atrás, o que confirma “que son uns nefastos pagadores”.

Outras facturas, as referentes a mantementos acumulan 11.495,43€, todas do ano 2019, e incontables facturas de compañías eléctricas de varios anos atrás, por un importe próximo aos 100.000€ o que pon de manifesto a “nefasta xestión económica” deste bigoberno. “Xa o avisamos en moitas ocasións, Lara Méndez e Rubén Arroxo poden estar agradecidos porque estas facturas están a nome dunha administración, porque se fose unha familia, xa había moito tempo que lle terían cortado a luz”, sentenciou.

Para Cristina Abades esta situación non fai máis que reflectir a “nefasta” xestión económica de Lara Méndez e Rubén Arroxo, que teñen a dubidosa honra ter no seu haber o récord de pagos con reparos de legalidade xa que pecharon o ano 2020 con 34.524.767,51€ pagados ao marxe da legalidade.

Un dato que lonxe de poñer colorados aos membros do goberno local, semella non preocuparlles, xa que ademais pecharon o último trimestre de 2020 con impagos a autónomos e pequenos empresarios de Lugo por valor de 5.879.719,13€, en 986 facturas, pese a que o goberno local ten nas contas bancarias municipais 37.444.408,95€.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies