La concejal popular Beatriz Vázquez critica que PSOE y BNG “desaprovechen el escaparate de Fitur para vender los atractivos turísticos de Lugo” indicando que “la única novedad, con respecto a 2019, en el stand del municipio será un vídeo promocional sobre la campaña de km100”
Os populares lamentan que o bigoberno desaproveite a oportunidade que lle brinda este mes a Feira Internacional de Turismo para “vender o municipio de Lugo como destino de turismo post covid”. “Tal e como nos confirmaron na última Comisión de Cultura acudirán a esta feira internacional para cubrir o expediente cun planazo repetitivo e pouco creativo” manifestou a concelleira Beatriz Vázquez.
A popular indicou que “se queren atraer turistas non van por bo camiño”. Lamentamos que “non vexan o potencial do turismo local que neste momento está chamado a desenvolver, a curto prazo, un papel clave na recuperación turística xa que pode ofertar experiencias únicas con grupos reducidos”.
A edil do PP indicou que “no PP pensamos que o bigoberno ten pouca ambición en promocionar o turismo e convertelo en motor económico da cidade e proba delo é a partida de 250.000 € reservados para a promoción da imaxe da alcaldesa para 2021 que triplica á que se destina á promoción turística da cidade (78.000 €). Beatriz Vázquez explica que tendo en conta este ridículo orzamento para o 2021 (ano Xacobeo) se pode afirma que “o bigoberno carece dunha política turística de nivel que consiga xerar emprego e dinamizar a actividade económica do municipio entorno ao Camiño Primitivo e os outros patrimonios da Cidade como son Muralla e a Catedral”.
A concelleira popular tamén lembrou “o voto negativo de PSOE e BNG para presentar a candidatura para o 2022 da Capitalidade Española da Gastronomía pese aos apoios que conseguiu o PP de máis de medio cento de entidades lucenses”. “Eso se chama miopía política e poucas gañas de traballar”. “O mesmo sucede coa cancelación da aplicación para móviles e tablets da aplicación de Lugo Turismo ou a desactualización de algunhas reseñas de turismo en RR.SS e webs municipais”.