Los populares piden a la alcaldesa socialista Lara Méndez y a su socio de gobierno el nacionalista Rubén Arroxo que dejen de hacer seguidismo del “caciquismo moderno que implantó en Lugo un alto cargo socialista en las adjudicaciones de concesiones, abuso de contratos menores…”
O voceiro do Grupo Popular de Lugo lamenta que, unha vez máis, os lucenses sexan os que paguen a corrupción do PSOE “as tramas de 20 anos de gobernos socialistas saénnos moi caras” reflexionaba Ramón Carballo. “O diñeiro que presuntamente se embolsou un cargo socialista a cambio de pagar favores a empresas amigas é un exemplo do caciquismo moderno que se implantou no concello de Lugo”.
Carballo pide á alcaldesa “que non tape este funcionamento anormal da administración” e espera que “o bigoberno aprendera a lección dos seus padriños políticos para que non se repitan máis casos coma estes xa que este tipo de escándalos o único que fan é devastar a imaxe de toda a clase política e supoñen unha perda de confianza para os cidadáns nos que xestionan os fondos públicos”. “Un caso así afecta á imaxe de todos os políticos, cando os políticos temos que ser sinónimo de solucións e non de problemas” matizou Carballo.
O PP insistiu, dende o primeiro momento no que se adxudicou o contrato a Cechalva, que “era un mal negocio para Lugo”. De feito “fomos o único grupo político que non apoiou esta operación na mesa de contratación celebrada o 4 de novembre de 2005. Denunciamos que “era un servicio deficitario para os intereses dos lucenses e que supoñía unha sangría económica (entre 2005 a 2017 nos custou 5.2M€) e por iste motivo pedimos cambiar a xestión do servizo.
O PP tamén lembra que existe un acordo de pleno do ano 2015 no que o BNG propoñía remunicipalizar o servizo do guindastre, unha opción que o PP sempre defendeu tanto con iniciativas propias como doutros grupos dado o burato económico que supoñía para as arcas municipais. Os populares indican como “sorprendentemente” a postura nacionalista mudou dende que está no goberno.