El portavoz popular Jaime Castiñeira satisfecho “por el cambio de postura de los socialistas y el reconocimiento expreso de la chapuza y las irregularidades de la gestión urbanística del Garañón”
O voceiro do Grupo Popular fixo unha primeira valoración do anuncio da alcaldesa de que desiste recurrir ao Tribunal Supremo en relación ás sentenzas do TSXG sobre a urbanización das Torres do Garañón. Jaime Castiñeira interpreta que con esta decisión Lara Méndez “recoñece e avala o que, dende o primeiro minuto, dixo o PP sobre a xestión da CS-5 que foi unha chapuza con irregularidades, ao mesmo tempo que o convenio é un acordo ruinoso para os lucenses”.
O voceiro popular considera que “é unha mágoa que o goberno local rexeite explorar a vía de declarar nulo este convenio co que, ademais de eliminar as Torres das Costas do Parque, se podería eludir ou rebaixar as indemnizacións ao promotor”. De feito no informe que se entregou hoxe non figura en ningún punto, nin unha soa referencia ao convenio urbanístico que asinou e aprobou en solitario o PSOE en 2005 malia que “este documento é clave xa que é o que vincula ao Concello co promotor garantíndolle uns dereitos e beneficios económicos ao empresario en detrimento aos intereses dos veciños”.
O popular censurou que o informe externo que pediu o goberno local “non cuantifique as repercusións económicas; que non aporte solucións urbanísticas para o futuro do entorno afectado e que non se analice en dito informe o resto dos procesos xudiciais abertos relacionados co Garañón no que están implicados ou imputados membros do actual equipo de goberno e máis dos anteriores con Orozco como alcalde”.
Outro aspecto que chama a atención aos populares é que “un asunto de tal complexidade se trate na xunta de voceiros” salientando que “tiveron a oportunidade de abordalo na Comisión específica que solicitou o Partido Popular en xullo de 2015”. A proposición votouse e aprobouse ata en dúas ocasións en pleno pero ante a falta de convocatoria deste órgano os socialistas terán que comparecer en marzo a petición do Grupo Popular. “Co anuncio de hoxe o goberno local intenta tapar a súa nefasta xestión en matería urbanística para, de cara á galería, simular que ten controlada esta desfeita urbanística”, reflexionou Castiñeira.
“Os lucenses queremos que desaparezan as Torres do Garañón” matizou o voceiro popular quen deu a benvida “ao cambio radical da postura dos socialistas, que agora deciden non recurrir cando antes defendían personarse nesta causa” concluiu o popular.
O Grupo Popular analizará o informe que hoxe lles entregou o goberno local para facer unha valoración deste polémica máis polo miúdo.