InfraestructurasTráfico

El PP lamenta que PSOE y BNG rechacen el proyecto de un gran aparcamiento en Fontiñas

By 30 diciembre, 2021No Comments

Los populares, que aceptaron una enmienda de Ciudadanos, recriminaron la pobreza de argumentos con la que socialistas y nacionalistas dieron carpetazo a una infraestructura que solucionaría los problemas de aparcamiento en este barrio.

O Partido Popular lamenta que o PSOE e o BNG rexeitasen impulsar a construcción dun aparcamento aterrazado para 500 plazas en Fontiñas. Os populares, que puxeron sobre a mesa esta iniciativa co ánimo de mellorar a movilidad deste barrio, aceptaron unha enmenda de cidadáns para estudar a solución de menor impacto visual na execución desta infraestructura. A sorpresa chegou cando o bigobierno argumentou que votaban en contra desta idea porque “chegaba tarde sen aclarar en ningún momento cal era a súa alternativa”.

Antonio Ameijide recriminou a pobreza dos argumentos concluindo que a súa oposición a mellorar o aparcamento de Fontiñas os retrata como un bigoberno que antepón os intereses das súas siglas ao dos veciños e veciñas de Lugo.

O vicevoceiro popular concluía que PSOE e BNG “son os do non; os de non escoitar aos veciños, os de non negociar iniciativas de interese público e os do non aos consensos coa oposición traigamos o que traigamos aos plenos” matizando que “ao final quen perde é a cidadanía”.

Os populares tamén recriminaron á alcaldesa que non esixise ao concelleiro responsable de deportes Mauricio Repetto que se disculpase polos ataques gratuítos formulados durante a súa comparecencia dirixidos a un edil do PP. Ramón Carballo lamentou que “se lle fose das mans á  rexedora o control do último pleno deste ano 2021” e amosou o seu malestar porque “en vez de propiciar consensos permita desvaríos dos seus edís para xustificar a falta de xestión no departamento de deportes”.

Os populares esperan que “polo ben de Lugo o próximo ano, PSOE e BNG, muden de actitude e que o próximo 2022 , por fin, sexan capaces de ver puntos de acordo e non ataques a súa xestión nas proposicións que presentemos para mellorar servizos e infraestructuras no municipio”.

Neste pleno tamén houbo un recordo para Manuel López destacando o seu sosiego e o traballo realizado na zona rural.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies