Los populares critican el trato del del gobierno local a la Banda de Música Municipal como que tampoco aclarasen cuáles son las intenciones reales de futuro de este gobierno para una agrupación que fue un orgullo cultural singular para todos los lucenses
A Banda Municipal de Lugo data de 1876, e aínda que tivo períodos de inactividade por causa da guerra civil e breves impases por cambios na dirección, mantívose funcionando ata o 2016, ano en que cesou como director Don Rosendo Ivorra.
Durante décadas, o seu alto nivel artístico permitiulle ser compilador dun amplísimo repertorio, parte do cal se recolle nas oito gravacións que constan da mesma e ser unha agrupación tida en gran recoñecemento musical.
Pero o máis importante é que a súa historia de máis dun século está intimamente ligada á propia historia de Lugo. O servizo que fixo aos lucenses durante toda esta traxectoria, coas súas numerosísimas actuacións, promovendo a cultura musical dentro e fóra do municipio, é lembrada con gran agarimo por varias xeracións de lucenses: tiñámola presente nas grandes solemnidades como o Corpus Christi, San Froilán, o día das Letras Galegas, etc., pero o que ninguén pode esquecer é a súa presenza amenizando os paseos dos domingos desde o palco da música da Praza Maior.
A día de hoxe, en Concello que dispoñen de moito menos orzamento, hai máis de dez Bandas Municipais activas na nosa provincia(ex.: Chantada,Vilalba, Ribadeo, etc.) polo que é inaudito que a de Lugo capital non esté operativa.
Dende o Grupo Municipal do Partido Popular consideramos que xa é hora de que este símbolo do orgullo cultural lucense recupere o seu esplendor sen máis dilación, polo que consideramos necesario que o goberno se comprometa a deseñar e poñer en marcha un Plan para a recuperación da Banda Municipal de Lugo.
O equipo de goberno deberíase de comprometer a deseñar este plan estratéxico inmediatamente, someténdoo periódicamente ao control do cumprimento das actuacións incluídas dentro dos prazos establecidos.
Este Plan Estratéxico constaría dun calendario no que, nun prazo de tempo máximo, estarían marcadas as actuacións pertinentes e imprescindibles para conseguir o fin buscado. Implicaría a coordinación das distintas áreas de goberno que segundo as súas funcións, ben directas ou ben de apoio, comprometeríanse tanto á recuperación dun número adecuado de músicos, da especialidade convinte para poder executar debidamente as obras musicais propias dunha banda de música como a de Lugo. Do mesmo xeito, comprometeríanse a levar a cabo as dilixencias precisas para que esta dispuxese sen problemas dun director de Banda. Neste plan de ruta incluiríanse actuacións como poderían ser a avaliación dos postos necesarios e a súa categorización, modificacións periódicas da RPT, convocatorias periódicas de prazas de músico de especialidade, convocatorias periódicas de concursos de promoción interna, etc., todo iso con adecuación aos orzamentos relativos ás áreas afectadas.
Por todo isto o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, propón unir os esforzos de todos e considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
- Que o GOBERNO de xeito inmediato diseñe e leve a cabo un Plan de Recuperación da Banda Municipal de Lugo, durante este mandato.