En el PP mostraron su sorpresa por el silencio cómplice del BNG en este asunto, ya que este partido es responsable del área de participación ciudadana y lo normal sería que defendiese el sistema con el que se está trabajando a pesar de las correcciones impuestas por la alcaldesa
A pandemia trouxo, entre outras cousas, a aplicación de normas excepcionais que, por un motivo ou outro, quedaron máis aló de dita excepcionalidade. Así, a cita previa que impuxeron as administracións trala pandemia co obxectivo de evitar aglomeracións, xa leva tres anos en vigor a pesar da situación de normalidade como a que estamos a vivir na actualidade.
Así mentres algunhas administracións, como a Xunta de Galicia, xa optaron por eliminar esta medida, a Sra. Alcaldesa enmendaba ao seu socio de goberno nos últimos días, establecendo unha hora de atención sen cita previa, unha medida a todas luces insuficiente. Non parece lóxico establecer unha franxa horaria tan escasa, xa que provacará que se concentren os usuarios nun breve espazo de tempo xerando máis incomodidade aos lucenses.
Unha vez superada a fase máis crítica da pandemia, aplicar normativas excepcionais a situacións ordinarias é contrario ao establecido no artigo 4.2 do Código Civil sobre que a lexislación excepcional debe limitarse ao espazo de tempo no que se mantén a causa que orixinou a medida.
Pero tamén o artigo 103 da Constitución prevé a obriga da administración a servir con obxectividade aos intereses xerais, o que choca de fronte coa medida exposta anteriormente, xa sexa no horario total da administración local ou no horario anunciado recentemente (de 13 a 14 horas sen cita previa), pois o mantenemento deste sistema, ainda que só sexa parcialmente (de 9 a 13h) fai que a administración deixe de ser un ente instrumental para servir aos cidadáns facendo que estes deban someterse ao arbitrio e designios da Administración.
Ante esta situación é necesario eliminar a cita previa como requisito indispensable para comunicarse coa administración, algo que xa está a facer a Xunta de Galicia, que “garante a atención cidadá sen necesidade de cita previa obrigatoria, aínda que en beneficio da calidade de atención á cidadanía e da conciliación poderá establecerse unha cita previa voluntaria que será obtida presencial, telefónica ou telemáticamente”. Estamos, entón, ante un modelo posible e moi requerido por distintos colectivos sociais ao que o Concello de Lugo responde cunha medida escasa e que non contenta a ninguén, xa que segue acentúando a brecha dixital e deixando a unha parte importante da poboación ao marxe.
Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
Retirar de xeito inmediato a obrigatoriedade de solicitar cita previa para ser atendido nas dependencias municipais, permitindo a posibilidade de ser atendido mediante cita previa VOLUNTARIA ou a través de atención presencial SEN CITA.