Los populares denuncian que “no todo vale para intentar ganar un puñado de votos” y que en vez de “acusarse mutuamente” Lara Méndez y Rubén Arroxo tienen que solucionar los problemas que ellos mismos crearon
“Non todo vale para rabuñar uns votos”. Así de contundentes se amosan os concelleiros do PP, que acusan a Lara Méndez e Rubén Arroxo de “empregar algo tan delicado como os enterros” para “tentar rabuñar un puñado de votos”.
Os concelleiros populares explican que se Lara Méndez e Rubén Arroxo “se dedicaran nestes catro anos a traballar e cubrir as prazas da RPT” en lugar de “poñerse zancadillas e confrontar constantemente” non se chegaría a esta situación, “provocada por eles mesmos pola súa falta de traballo e respecto á veciñanza”.
No PP poñen sobre a mesa as bolsas de traballo que o goberno local “vendeu como a salvación para os problemas de persoal” pero que á hora da verdade “non serviron de nada e foron máis fume”. “É que nin sacan a concurso as prazas vacantes neste e noutros servizos”, explican.
Dende o Grupo Municipal recordan como tanto PSOE como BNG sempre cualificaron como “alarmistas” aos populares cando advertiron desta situación, pola que se preguntou en varias ocasións en comisión, e dende o goberno local sempre afirmaron “que non existía tal problema”.
DESMANTELAMENTO DE SERVIZOS MUNICIPAIS
Os populares recordan como as “continuas liortas” entre PSOE e BNG provocaron o desmantelamento de diferentes servizos municipais como a banda de música; a brigada de augas, que están desmantelando e privatizando aos poucos; o servizo de información telefónica 010; o servizo de participación e atención cidadá, que tiveron durante días cun único traballador ao non cubrir as baixas; o servizo de conserxería dos CEIP municipais, que na actualidade leva dúas semanas sen servizo no Rosalía de Castro, situación que xa se deu en varios centros ao inicio do curso escolar e tamén nas últimas semanas no colexio de A Ponte, entre moitos outros.
“Son uns absolutos irresponsables que por estar pelexando e poñendo paos nas rodas uns aos outros dentro do bigoberno, o que provocan é que a veciñanza pague as consecuencias, que cada día percibe un peor servizo do noso concello”, denuncian.