Los populares explican que el BNG no tuvo más remedio que separarse de la campaña de sus juventudes ‘Rompamos con el Xacobeo’ y reconocer que el Xacobeo, con el impulso de la Xunta de Galicia, es el grano motor del turismo en Galicia y un elemento fundamental para la recuperación económica
O Camiño de Santiago non só foi a ruta de peregrinación máis importante da Europa medieval, senón tamén unha importante vía comercial e de desenvolvemento cultural, artístico, social e económico do que se beneficiaron todas as localidades pola que discorrían as súas rutas.
A súa importancia ao longo da historia está recoñecida en distincións como Itinerario Cultural Europeo (Consello de Europa 1987), Patrimonio da Humanidade (Unesco, 1993, 1998 e 2015) ou Premio Príncipe de Asturias da Concordia (Fundación Príncipe de Asturias, 2004)
Desde a súa orixe, milleiros de persoas de calquera clase e condición peregrinaron a Compostela. Ao longo destes séculos pasou por momentos de esplendor e de decadencia, pero dende a promoción e recuperación que se fixo desde o Plan Xacobeo 1993, impulsado polo goberno de Manuel Fraga, está vivindo unha das súas etapas de esplendor. Boa proba delo son máis de 301.000 peregrinos do ano 2017, os 327.000 de 2018 ou os case 350.000 de 2019.
Todos estes peregrinos e os millóns de turistas que cada ano se acercan a Galicia, sempre atoparon en nós a un pobo acolledor, respectuoso e agradecido cos seus visitantes.
As diversas rutas do Camiño de Santiago teñen un impacto directo nos sectores do aloxamento, da alimentación e da restauración, pero tamén producen un elevado impacto indirecto positivo noutros sectores económicos; así mesmo, favorecen o equilibrio territorial e son o mellor mecanismo de promoción internacional da marca Galicia.
Por todo isto, non se comprende que a organización xuvenil do BNG, “Galiza Nova”, presentase o pasado 1 de xullo unha campaña co lema “Rachemos co Xacobeo”, baseada nunhas presuntas consecuencias negativas que o Xacobeo estarían a producir na xuventude e -según eles- por converter a Galicia “nun sector terciario xigante e cun emprego altamente precario”. Ao día seguinte aínda que retiraron a imaxe e o lema desa campaña, reafirmáronse nas denuncias desta campaña.
A “turismofobia” é un fenómeno que entre todos temos que desterrar. Ademais, Galicia conta cun modelo turístico seguro, respectuoso, de calidade e que aporta tranquilidade a quen nos visita.
Así mesmo, o Camiño de Santiago, como fenómeno de transcendencia internacional, debería unirnos a todos. Porén, un feito tan sinxelo, pero así mesmo tan necesario e agradecido polos peregrinos, como é a sinalización do Camiño, é aproveitado polo alcalde de Vigo para confrontar coa Xunta de Galicia. Négase a outorgar a autorización municipal a sinalización homologada do Camiño. Tiveron que ser os propios locais de hostalería de Vigo os que se prestasen a colaborar cos peregrinos que atravesan a cidade e que precisan de orientación, así como da confianza e tranquilidade que lle da seguir o itinerario correcto.
Tras máis dun ano de pandemia, moitos sectores económicos do noso concello confían na reactivación que o turismo pode propiciar e, en especial, no impacto da dobre celebración do Xacobeo 21-22, que transcende a propia cidade de Santiago de Compostela e a dos concellos polos que discorren todas as rutas do Camiño. Nesta tarefa
Polo exposto, o Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo, presenta a seguinte PROPOSTA DE ACORDOS
- O concello de Lugo insta á Xunta de Galicia a que desenvolva unha programación extensa e descentralizada, aproveitando a gran oportunidade que representa este Xacobeo bianual, promovendo actividades ao longo de todo o territorio da nosa comunidade, dinamizando o tecido cultural e turistico local e xerando riqueza e emprego nos concellos de Galicia.
- O concello de Lugo manifesta o seu apoio a celebración dos anos Xacobeos 21-22, en canto vehículos de proxección exterior de Galicia, e recoñece os valores de hospitalidade, convivencia, afán de superación e solidariedade do Camiño de Santiago.
- O concello de Lugo rexeita calquer tipo de campaña contraria ao fenómeno Xacobeo ou de desconsideración aos peregrinos.