Urbanismo

El PP logra el compromiso de convocar la Comisión de Planeamiento

By 18 marzo, 2016No Comments

Jaime Castiñeira afirma que “la Comisión de Planeamiento puede ser la única solución a numerosas empresas que en cuatro años se pueden ver abocadas al cierre”, por lo que anuncia que estará “vigilante” para que se reúna “cuanto antes”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira anunciou esta mañá en rolda de prensa que acadou o compromiso por parte do goberno municipal de convocar a Comisión de Planeamento.

Ao remate da Comisión de Urbanismo previa ao pleno de marzo, o popular informou de que esta decisión permitirá “un estudo pormenorizado do Plan Xeral de Lugo e do urbanismo no Concello, así como da afección que pode ter sobre ambos os dous a entrada en vigor mañá da nova Lei do Solo, que ten unhas repercusións importantes tanto sobre o 95% do PXOM que xa está aprobado como do 5% que leva varios anos pendente”. “Dende o Concello debe tomarse unha posición activa, ver as posibilidades que nos dá esta nova regulación e actuar en consecuencia”, asegurou.

En concreto, Jaime Castiñeira aludiu á situación na que se atopan “moitas actividades industriais, non só na Louzaneta senón todas aquelas que no entorno de Lugo non están instalados nos polígonos industriais”, xa que “aínda que agora teñen a posibilidade de permanecer nesta situación durante catro anos pero ao remate deste prazo se non se desenvolve urbanisticamente ese entorno poden ter que pechar”. “O mesmo pasa cos casos de fóra de ordenación, para os que a nova lei tamén brinda unha serie de oportunidades; ou os asentamentos residenciais que foron xurdindo co paso do tempo e que agora poden ter solución, por exemplo delimitándoos como núcleos rurais de recente formación”, indicou. “Isto significa que hai moitos postos de traballo en perigo a curto e medio prazo”, insistiu Castiñeira, ao tempo que anunciou que estará “vixiante” para que “se convoque canto antes”.

Ante esta situación, o popular reclamou dos socialistas “altura de miras, unha posición activa e proactiva e actuacións en consecuencia” para “non ter que lamentar dentro de catro anos o que dende mañá se pode arranxar”. Nesa liña, Castiñeira exemplificou “a envergadura” dos cambios “substanciais”, co caso do aparcamento fronte ao HULA “un solo que hoxe é urbanizable co plan vello, mañá son solos rústicos”, o que permitirá a execución do aparcamento, “que hoxe non se pode facer, pero mañá si”.

Colexio do Sagrado Corazón.-

Por outra banda, o voceiro popular tamén destacou que na Comisión de Urbanismo quedou de manifesto que “o goberno municipal falta á verdade cando di que xa puxo a disposición da Xunta de Galicia os terreos necesarios para un novo colexio no Sagrado Corazón”. “O certo é que ata o 9 de marzo de 2016 non se publicou no DOG o inicio do expediente de expropiación, o que motivou que xa se presentara unha reclamación ao respecto, e que se está tramitando unha encomenda de xestión a Evislusa”, explicou Castiñeira, ao tempo que sinalou que “isto quere dicir que nin están entregados nin o van estar de forma inminente”. Nesa liña, o popular apuntou a posibilidade de que se cambie o sistema de xestión “para axilizar os tempos” e destacou que “neste caso estaría moito máis xustificado que para O Garañón”. “O que non pode ser é que continúen pasando os días e un investimento de tal envergadura, de tres millóns de euros, siga estando en risco polo capricho do goberno local”, concluíu.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies