Cultura

El PP: “en el San Froilán solo tendremos las actuaciones que no quisieron otros ayuntamientos”

By 11 mayo, 2022No Comments

Tras la celebración de la Comisión de Fiestas los populares vaticinan que las patronales de Lugo “serán más de lo mismo, una fotocopia de las últimas ediciones ya que no habrá nada diferente en la programación”

O PP considera “incrible que a estas alturas o goberno local non teña nada contratado para o cartel do San Froilán”. A concelleira Beatriz Vázquez explica que “preguntou ata en dúas ocasións e se lle respondeu que non había nada pechado polo que se certifica o que pensabamos, ainda non empezaron a traballar e esta falta de interese vaise traducir nun San Froilán cativo”. “A Lugo só virán aquelas agrupacións que quedaron sen contratar”. “O BNG está condenando ao San Froilán de Lugo a perder o tirón e o encanto que tiña e, como proba de que as axendas a estas alturas do ano están completas, vemos como hoxe mesmo empezou a venda das actuacións do Caudal fest, que curiosamente se celebrará un mes antes que as patronais”.

Os populares tamén lamentan que se renuncie a contratar calquera tipo de actuación ou concerto con tirón que esixa taquilla. “Moito nos tememos que unha vez máis os nacionalistas prefiran utilizar o millón de euros que figuran nos orzamentos para este 2022  para pagar actuacións aos seus afíns

Por outra parte, dende o PP anuncian que pedirán o amparo ao secretario e se fai falla ao Valedor do Pobo para que se lles faciliten os datos desglosados das contas do San Froilán. “Hoxe só nos deron dúas cifras o custe total que foi de 765.788,41€, dos cales só se recadaron, de administracións e empresas, 75.500 €”. A concelleira popular Beatriz Vázquez manifestou que “nunca na historia democrática deste concello pasara algo semellante” en alusión á falta de transparencia dos nacionalistas”

Os populares tamén critican que o BNG renuncie a abrir no San Froilán o novo Auditorio de Magoi “con escusas de que non lles da tempo a facer as obras para a súa posta en marcha cando ainda non teñen nin os pregos de condicións feitos deste traballo”.

Por último os populares lamentan que “o BNG rexeite elixir o pregoeiro por consenso e aplique o rodillo da maioría pese a que hai anos había un pacto de que cada ano elixise un grupo político a este persoeiro”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies