Economía

El PP no apoyará los presupuestos municipales porque desconfía de la capacidad de gestión del PSOE

By 5 mayo, 2017No Comments

El portavoz de los populares Jaime Castiñeira considera “una irresponsabilidad que los grupos políticos de la izquierda, que han colocado al PSOE en la alcaldía de Lugo, no sean, ahora, coherentes para darle luz verde a las cuentas del Ayuntamiento, ni busquen alternativas para dar estabilidad”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular anunciou que o seu Grupo non apoiará os orzamentos municipais para 2017, tal e como se acordou na xuntanza semanal  que se celebrou onte, e que se consensuou co Partido.

Castiñeira explicou que o goberno de Lara Méndez segue a mesma dinámica dos seus predecesores “venden fume, prometen proxectos que logo non executan e por iso, como non son de fiar, non podemos outorgarlles a nosa confianza”.

O voceiro popular reflexionaba “nestes dous anos de mandato perderon toda a súa credibilidade en materia de xestión” matizando que “os primeiros que non se fían son os que a colocaron na alcaldía”.

O popular engadiu que “as súas muletillas de goberno teñen unha dobre responsabilidade: ou apoiar os orzamentos ou ben buscar alternativas para dar estabilidade”. Castiñeira matizaba que “se hai dous anos estas forzas políticas decidiron cortalle a cabeza a López Orozco, por esa mesma coherencia, deberían dar luz verde aos orzamentos”.

O popular salientou que “os deixasen para o final da ronda das negociacións malia que somos a forza maioritaria e que gañou as eleccións municipais” puntualizando que “non somos o segundo prato de ninguén”.

Castiñeira afirmou que un voto a favor dos orzamentos municipais significaría “respaldar a súa xestión e validar o desgoberno total que hai en Lugo” matizando que “non podemos darlles un cheque en branco”.

Cando falaba de desgoberno o voceiro popular referíase ao baixo grao de execución dos orzamentos, a que se agravou a situación de descontrol no Concello con numerosas empresas sen contrato; ao incumprimento do 94% dos acordos plenarios de proposicións que presentou o Partido Popular (tan só se executaron 3, en 6 se deron avances mínimos, mentres que o goberno non abordou as 45 restantes) lembrando tamén como despois da sinatura do plan de investimentos máis da metade dos proxectos acordados entre PP e PSOe están pendentes de executar. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies