Seguridad

El PP pedirá al pleno la unidad de todas las administraciones para dar una respuesta ágil e inmediata la afectados por okupaciones ilegales

By 27 marzo, 2022No Comments

Antonio Ameijide explica que, tras participar hace unos días en la manifestación organizada por vecinos del Sagrado Corazón contra la okupación, recogemos las propuestas de estos ciudadanos y las elevamos al pleno ya que urge una solución conjunta para este problema que afecta a casi todos los barrios de la ciudad

O problema de okupación segue latente na cidade. Hai uns días os veciños do Sagrado Corazón saíron ás rúas do seu barrio para pedir solucións a esta problemática que lles afecta directamente, xa que hai varias vivendas okupadas ilegalmente nesta zona da cidade, unha manifestación na que participaron varios concelleiros do Grupo Municipal Popular.

O vicevoceiro do Grupo Municipal Popular Antonio Ameijide explica que despois de participar nesta manifestación, na que tamén houbo representantes do goberno local, “decidiuse recoller as peticións dos veciños e defendelas no pleno, xa que son lexítimas, e así dar unha solución a este problema”.

Unhas reclamacións que os propios veciños dirixen a todas as administracións con competencias na materia. Así, ao Concello de Lugo lle reclaman:

  • Denegar a inscrición no padrón do censo municipal por non ser titulares da propiedade nin dispoñer de ningún contrato de arrendamento ou título por parte dos okupas, nin permiso dos propietarios para residir no inmoble
  • Verificar e cancelar calquera tipo de axuda social para as persoas que levan a cabo a ocupación de inmobles, de forma coordinada co resto de Administracións involucradas
  • Realizar de xeito inmediato un censo de locais e inmobles baleiros
  • Apertura de expediente de ruína a todas aquelas edificacións que presentan evidencias graves, incluso de derrubo sobre a rúa
  • Realizar e actualizar periodicamente un censo municipal de vivendas ocupadas, das que se teña constancia, e que este sexa público, por si o verdadeiro propietario non coñece a situación por residir fora desta cidade
  • Contactar con outros colectivos cidadáns, para esixir pola vía rápida unha lexislación sumamente protectora da propiedade privada, para os lexítimos donos, igualmente que estes entes actúen ante a Fiscalía e os Xulgados, facilitando ao tempo asesoría xurídica aos prexudicados

Estes veciños tamén solicitan á Xunta de Galicia:

  • Restituír os servizos de asesoramento das ocupacións atendidos ata o de agora no teléfono 900121221, onde o IGVS ofrecía asesoramento gratuíto prestado por profesionais en materia de vivenda a todos os propietarios ou usufructuarios de vivendas afectadas por unha ocupación ilegal
  • Confeccionar e aprobar con urxencia o Decreto Regulador das Inspeccións Técnicas de Edificios anulado no 2017 polo Tribunal Constitucional e que a partir de agora recibirá a denominación de Informe de Avaliación de Edificios
  • Programar a disposición de vivenda social na comunidade de forma anual en función das necesidades reais do momento

Unhas reclamacións que tamén se elevan ao Goberno central:

  • Cambio lexislativo inmediato en materia de okupacións, que libere as vivendas ocupadas dende o minuto un do coñecemento da okupación
  • Elaboración de protocolos de actuación ante a okupación ilegal, que contemplen o endurecemento das penas e sancións pola okupación, así como alternativas habitacionais, en caso de ser precisas
  • Dar ordes, a través da fiscalía xeneral do Estado, de levar por trámite de urxencia inmediata a desokupación de vivendas ou locais particulares
  • Dispoñer dun sistema de vixilancia especial e continuada por parte dos distintos corpos policiais nas zonas onde se están a producir as okupacións

Antonio Ameijide sinala que ante este problema que, en maior ou menor medida, afecta a todas as cidades “debemos de traballar conxuntamente todas as administracións públicas, polo que non se entendería que dende o goberno local optasen por aplicar o rodillo en contra desta proposición, tal e como fan con todas as iniciativas que presenta o PP”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies