Infraestructuras

El PP pedirá al pleno el cambio a dotacional de una parcela pública en Ramón Piñeiro para poder crear infraestructuras de ocio en O Castiñeiro

By 16 marzo, 2023No Comments

Antonio Ameijide destaca que, tras reunirse con unos 60 representantes de comunidades de vecinos, asociaciones del barrio de O Castiñeiro y miembros de la Plataforma Norte; es necesario cambiar el uso residencial por dotacional y así permitir inversiones en el barrio como la construcción de un Centro Cívico y Deportivo Integrado

Nos últimos días varios concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular mantiveron varias xuntanzas con representantes de comunidades de veciños, asociacións do barrio do Castiñeiro e membros da Plataforma Norte para buscar a fórmula máis axeitada para habilitar novas dotacións para o barrio en diferentes parcelas da zona.

Antonio Ameijide explica que, froito destas reunións, acordouse que o Grupo Municipal Popular presente unha iniciativa no pleno para que o Concello de Lugo estude a posibilidade de levar a cabo unha modificación puntual do PXOM para que o solar da rúa Lorenzo Varela esquina con Ramón Piñeiro con Referencia Catastral 6740057PH1664N0001SR cambie o seu uso residencial por un uso dotacional e que así permita investimentos no barrio como a construción dun Centro Cívico e Deportivo Integrado.

De levarse a cabo esta modificación poderá atenderse a demanda cultural do barrio, tendo cabida a participación cidadá e de asociacións principalmente xuvenís, con un espazo de conciliación interxeracional, onde se atenda os dous extremos etarios máis importantes da zona, a infancia e os maiores, así como a atención a persoas con diversidade funcional, facilitando desta forma á veciñanza a conciliación laboral.

Os veciños do barrio ven necesario contar cun centro destas características, xa que nunha infraestrutura así poderían desenvolverse obradoiros, locais de artesanía, traballos con produtos típicos galegos, que co tempo poderían dinamizar e dar un impulso económico ao barrio e se tamén se reserva un espazo para a práctica deportiva, estaría a permitirse o mantemento da saúde e facilitar a adquisición de hábitos saudables aos usuarios e axudando a ocupar o tempo de lecer dos veciños.

Antonio Ameijide sinala que a zona norte da cidade, e en concreto a zona do Castiñerio, conta cunha alta densidade de poboación que se viu practicamente privada de novas dotacións para a conciliación de familias con nenos e maiores e as súas necesidades nos últimos 24 anos, polo que é necesario acometer este cambio.

Os populares coinciden cos veciños do barrio na necesidade de prover á zona de máis dotacións e espazos para nenos e maiores favorecendo a conciliación laboral e familiar, proposta que se comprometen a desenvolver a partir de maio. “A día de hoxe xa se trata dun barrio carente de servizos suficientes para a poboación que reside nel, polo que antes de seguir favorecendo o asentamento de poboación é imprescindible dotar de servizos a esta zona co fin de mellorar a calidade de vida dos residentes actuais e futuros”, apuntou.

Nesta liña, Ameijide indica que non só se trata de asentar poboación senón que ten que ir acompañada de dotación de servizos porque, do contrario, estaríamos empeorando as condicións tanto dos actuais veciños como dos futuros residentes. “Instalacións como os centros de conciliación e convivencia interxeracional deben chegar a tódolos barrios da cidade pola función social que desenvolven, sobre todo en barrios con características poboacionais poden facer máis difícil a convivencia cotiá. De aí que actuar nesta zona sexa, ao noso parecer, unha prioridade”, finalizou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies