Los populares defenderán una iniciativa en la que exigen al gobierno de Lara Méndez que, como están haciendo la Xunta de Galicia y muchas otras administraciones, eliminen el requisito de solicitar cita previa para ser atendido en las dependencias municipales ya que se trata de una medida contraria a derecho en una situación de normalidad como la actual
A cita previa segue a ser unha das grandes queixas de moitos lucenses á hora de comunicarse con Concello de Lugo. Para moitos cidadáns o feito de ter que concertar unha cita con anterioridade supón unha traba xa que hai trámites que non poden agardar, polo que piden unha atención no día, como sucedía antes da pandemia.
Por este motivo, os concelleiros do Grupo Municipal Popular pedirán no pleno a eliminación inmediata do sistema de cita previa obrigatoria porque, ademais de ser unha molestia para moitos cidadáns, tamén é contraria a dereito.
Sinalan os populares que unha vez desaparecida a urxencia por razóns de saúde pública que impuxo a cita previa obrigatoria, mantela sen motivación como se está facendo no Concello de Lugo para acceder ao rexistro e outros servizos, “dificulta o acceso da cidadanía aos servizos públicos, vulnerando o ordenamento xurídico aplicable”.
Unha vez superada a fase más crítica da pandemia, aplicar normativas excepcionais a situacións ordinarias vai en contra do establecido no artigo 4.2 do Código Civil sobre que a lexislación excepcional non se pode aplicar a supostos nin en momentos distintos dos comprendidos expresamente nelas.
Por outra banda, a obrigación prevista no artigo 103 da Constitución de que a administración debe servir con obxectividade aos intereses xerais impide o mantemento dun sistema que en lugar de considerar á administración como ente instrumental para servir aos cidadáns, fai que estes se teñan que someter ao arbitrio e designios da Administración.
Ante esta situación, e como están a facer a Xunta de Galicia e moitas outras administracións, os populares consideran que o Concello de Lugo debe eliminar a cita previa como requisito indispensable para comunicarse coa administración, polo que urxirán ao Concello de Lugo á eliminación inmediata da mesma, xa que segundo o establecido no artigo 20.1 da Lei de Procedemento Administrativo Común é responsable directo de adoptar as medidas oportunas para remover os obstáculos que impidan, dificulten ou atrasen o exercicio pleno dos dereitos dos interesados ou o respecto aos seus intereses lexítimos, dispoñendo o necesario para evitar e eliminar toda anormalidade na tramitación de procedementos como o é a cita previa obrigatoria.