UrbanismoZona Rural

El PP permite con su voto a favor salvar el 5% pendiente del Plan General

By 30 julio, 2020No Comments

El portavoz popular Ramón Carballo contrapone “la actitud partidista del BNG, que plantó a su socio en esta votación decisiva, frente a la responsabilidad y coherencia del PP, que aunque no es nuestro Plan le dimos nuestro apoyo para cerrar este capítulo interminable de la historia del urbanismo de Lugo”

O Grupo Popular do PP nun exercicio de responsabilidade e de coherencia votou hoxe a favor da aprobación do plan hidrológico para sacar adiante o 5% do PXOM permitindo que o goberno socialista desbloquee un documento vital para un centenar de núcleos da zona rural.

O voceiro popular Ramón Carballo lamenta a falta de autocrítica do goberno local que durante a sesión plenaria que se celebrou hoxe foi incapaz de admitir a ineficacia na xestión do PXOM dos sucesivos gobernos con alcaldes socialistas. Nese senso Carballo dixo que o Plan Xeral “é o mellor símbolo dos mandatos do PSOE en Lugo” xa que representa “a lentitude de xestión, o enfrontamento deliberado dos diferentes alcaldes socialistas con outras administracións así como a falta de capacidade para desenvolver proxectos clave para o municipio”.

Os populares recriminan que o BNG, con excusas absurdas deixaron plantado ao seu socio de goberno nun tema vital como é o Plan Xeral. Fronte a este desprezo dos nacionalistas atopámonos coa postura seria e leal do Partido Popular”. “A pesar de que non é o noso plan, nin que non nos gustan moitos aspectos deste documento, traballamos moitísimo e aportamos inumerables ideas para mellorarlo” maifestaba Carballo.

Os populares lembran que “o Plan socialista machacaba rúas enteiras sen preocuparse o máis mínimo das consecuencias. Grazas ao PP e a súa campaña informativa a pé de rúa salváronse milleiros de edificios de diferentes barrios que quedaban afectados pola aliñación da rúa e por alturas, máis de 20 naves do Ceao (toda a marxe esquerda da Avenida Benigno Rivera), máis de 20 casas da subida de Nadela pola ampliación da N-VI; salvamos o 20% dos edificios quedaban inicialmente fóra de ordenación por exceder alturas ou por ter fondo máis edificable que o permitido así como tamén salvamos ao 80% dos dúplex que estaban afectados porque tiñan máis pendente da que regulaba o documento”.

No rural o Partido Popular pediu, na medida do posible, o crecemento ordenado  no perímetro dos núcleos. Tamén se solicitou ampliar a parcela mínima a 600 m2 duplicando o que figuraba plan. Grazas as nosas achegas se suprime as construccións “en hilera” agás en núcleos consolidados.

Os populares fixeron tamén unha mención aos numerosos veciños que estiveron á espera incluso con vivendas ameazadas de derribo que co novo PXOM poderían quedar regularizadas criticando o retraso de 20 anos en impulsar a aprobación definitiva do 100% do Plan Xeral.

O voceiro popular concluía que “o mesmo espírito de colaboración e de axuda desinteresada que tivemos durante o proceso de elaboración do documento, será o que manteremos se vostedes deciden iniciar unha revisión de cara a amoldalo á realidade do noso municipio así como adaptalo ás novas normativas”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies