Limpeza

El PP pide la desratización y la limpieza de parcelas, como una entre la Avenida de A Coruña y Concepción Arenal

By 13 agosto, 2022No Comments

Mar Carballas explica que hay más de un año que los vecinos presentaron varias quejas y están muy preocupados ante la proliferación de roedores en esa parcela, ya que son visibles la cualquier hora del día, lo que puede provocar un serio problema de salud la estos lucenses

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo denuncia a desidia do goberno de Lara Méndez para dar unha resposta eficaz ás peticións dos veciños de Lugo, sobre todo cando se pode poñer en risco a saúde dos lucenses, tal e como ocorre na contorna da Avenida da Coruña e da Rúa Concepción Arenal, onde os veciños están cansos do estado dunha parcela que une as traseiras de varios edificios e que está chea de maleza e ratas, polo que xa presentaron varias denuncias ante o Concello de Lugo dende o ano 2019.

Mar Carballas explica que a pesar das constantes e reiteradas queixas realizadas polos veciños, estes lucenses non viron solucionadas as súas demandas polo que a situación vai a peor co paso do tempo xa que a maleza segue a medrar e os roedores son visibles a calquera hora do día.

Neste senso, a concelleira popular sinala que dende o Grupo Popular pedirase que o Concello de Lugo realice unha limpeza deste solar e proceda a desratizalo para evitar problemas sanitarios aos veciños.

Pero esta non é a única zona de Lugo na que hai problemas coas ratas, xa que hai poucos días veciños da Milagrosa denunciaron que os roedores corrían polas zonas de xogo do parque deste barrio, entre os nenos, poñendo en risco a saúde dos menores.

“Queda claro que urxe que o Concello de Lugo se tome en serio a desratización dos barrios, un problema que vai a máis debido aos problemas de limpeza que hai anos que se denuncian dende o Grupo Popular e que situaron a Lugo como a cidade máis sucia de Galicia”, lamentou.

A concelleira popular reclama ao goberno local que se tome en serio o desbroce e a limpeza das fincas por salubridade e por seguridade ante o risco de incendios, tendo como último exemplo o incendio de hai uns días na Avenida das Fontiñas nunha parcela que os populares pediron que se limpase hai varios anos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies