Los vecinos de la zona pidieron a los concejales populares que solicitaran la instalación de barandillas en la zona ya que pequeños y mayores estuvieron a punto de caer por un terraplén, a la altura del número 25 de la Ronda do Carme, ya que en ese punto, de pronto, se estrecha la acera
Veciños da Ronda do Carme puxéronse en contacto con concelleiros do Partido Popular para estudar a posibilidade de que o Concello de Lugo coloque unha varanda para evitar que calquera persoa poida caer polo terraplén.
Os veciños fan esta petición despois de ver como varios nenos e maiores, por pequenos despistes, a piques estiveron de caer por un talud que hai á altura do número 25 da Ronda do Carme. Para evitar riscos, os concelleiros populares fan esta petición para garantir a seguridade e a mobilidade, “entendendo que esta actuación o único que persegue é mellorar o tránsito para os peóns, xa que falamos dun punto no que, de súpeto, a beirarrúa estreitase”.
Dende o Grupo Municipal Popular recordan que ata non hai moito había nese punto un valo de madeira para evitar que calquera puidese caer, pero a día de hoxe xa non está, a pesar de que aínda queda algún resto deste valado.