DeportesSeguridadtransparencia

El PP pide a Lara Méndez la publicación de un bando en el que explique claramente que modalidades deportivas se pueden practicar ahora en Lugo

By 3 mayo, 2020No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Óscar Poy señala que “recibimos” muchas llamadas de lucenses preguntado por la posibilidad de realizar otras prácticas deportivas que no sean el running o el ciclismo, prácticas deportivas que se pueden hacer sin problema respetando las distancias de seguridad y dentro de los horarios marcados estipulados por las autoridades sanitarias

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, pide a Lara Méndez a publicación dun bando de alcaldía no que clarexe todas as actividades deportivas que se poden realizar dentro dos límites do municipio de Lugo e as condicións en que se poden realizar as mesmas.

Óscar Poy pide esta medida despois de que os concelleiros do Grupo Municipal Popular recibisen numerosas chamadas de lucenses preguntando sobre a posibilidade de realizar desde onte (sábado 2 de maio) diferentes prácticas deportivas.

Neste senso, o concelleiro popular pide ao goberno local que clarexe, por exemplo, se é posible que os afeccionados ao piragüismo poden realizar esta práctica deportiva, ao igual que nas zonas de costa os afeccionados ao surf poden practicar esa modalidade deportiva. Tamén foron moitos os lucenses que preguntaron pola posibilidade de practicar natación no río Miño, sempre empregando todas as medidas de seguridade necesarias, como son un neopreno ou unha boia para a natación en augas abertas.

Tamén é preciso concretar a posibilidade de que dous membros dunha mesma familia e que convivan no mesmo domicilio poden practicar tenis, unha modalidade deportiva na que en todo momento se respeta a distancia de seguridade marcada polas autoridades sanitarias. Ou tamén se é posible que os afeccionados ás modalidades de montaña poden achegarse ata o Monte Segade para practicar MTB.

Outra das dúbidas que os lucenses plantexaron ao concelleiro popular é se trala apertura de determinados parques, como o da Milagrosa, é posible empregar os aparatos destinados ao mantemento da forma física, se os afeccionados ao parkour poden saír a rúa a realizar estas modalidades deportivas ou se os afeccionados ao skate poden empregar as instalacións do parque de Frigsa.

Por iso, Óscar Poy pide a Lara Méndez que “clarexe o antes posible cales son as prácticas deportivas que os lucenses poden realizar dentro dos límites do municipio lucense e repectando os horarios estipulados polas autoridades sanitarias”.

Ademais, o concelleiro popular fai fincapé na necesidade de que este bando se publique na maior brevidade posible e que tamén se actualice o mesmo segundo Lugo vaia avanzando nas diferentes fases da desescalada marcadas polo Goberno central. “Está claro que segundo se avanza nas diferentes fases da desescalada hai unha liberdade maior e se poden realizar actividades que antes non se podían, polo que é preciso que este bando de alcaldía se renove por se hai novas modalidades deportivas que se poidan abrir á cidadanía”, afirma.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies