El Grupo Municipal del Partido Popular pide el pronunciamiento de la corporación en contra de esta ley por la que hoy quedó en libertad el conocido cómo ‘violador del portal’, que actuó en la zona centro y sur de Lugo en 2016, que ahora se beneficia de esta ley impulsada por el gobierno de Pedro Sánchez
A Lei de garantía da liberdade sexual, coñecida como a ‘Lei do só si é si’, vén de facilitar a posta en liberdade do coñecido como ‘violador do portal, un agresor sexual que actuou na zona centro e sur de Lugo en 2016, cando abusou dunha muller en Lugo e tentouno con outra pero que conseguiu escapar.
O Grupo Popular manifestou que coa posta en liberdade desta persoa xa son 470 os violadores e agresores sexuais os que se benefician da rebaixa das penas da a ‘Lei do só si é si’. “Pedimos á alcaldesa que se poña na pel das vítimas deste agresor e apoie a iniciativa que levamos a pleno”, afirman.
Para os concelleiros populares “non se trata dunha reivindicación dunha cor política. É de sentido común que todos unamos a nosa voz para reformar a lei e evitar que agresores sexuais vexan reducidas as súas penas porque trátase de defender ás vítimas, non aos agresores”.