Antonio Ameijide pide que el Ayuntamiento de Lugo estudie la posibilidad de financiar íntegramente el coste de las obras, sin repercutirlo a los vecinos, dada la “buena salud económica de las arcas municipales” de la que presume Lara Méndez
Lara Méndez segue a facer gala da súa “falta de transparencia e opacidade” na xestión á fronte do Concello de Lugo e a xuntanza que mantivo con veciños da Louzaneta para abordar o soterramento da liña de media tensión non foi menos.
Antonio Ameijide lamenta que Lara Méndez so convocou aos residentes do polígono 1 da Louzaneta, a pesar de que o soterramento da liña de media tensión afecta aos tres polígonos da zona, e nesta xuntanza a rexedora aludiu a custes do ano 2018, datos que hoxe en día non son reais.
Para os populares, o goberno local debería de poñerse a traballar de inmediato na actualización do proxecto e no seu desenvolvemento para dar unha solución aos residentes nesta zona. “E se a saúde das arcas municipais é tan boa como presume Lara Méndez, despois de 10 anos prometendo unha solución, debería de facer as obras e non repercutirllas aos veciños”, indicou.
Ameijide tamén pregunta á rexedora “por que non acudiu a reunión con enxeñeiros municipais”, por ser os técnicos que máis saben da materia, xa que decidiu asistir á xuntanza co interventor municipal.
Os populares levarán a pleno a petición de axilización dos traballos e realizar un estudo integral de todas as necesidades para poder recibir o Concello os terreos. Cómpre garantir uns servizos mínimos, como limpeza e iluminación viaria, pero sobre todo a seguridade xa que é unha zona que sufriu numerosos roubos en vivendas.