El vicevoceiro del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide pregunta a Lara Méndez se habrían actuado del mismo modo con la paralización del proceso selectivo en caso de que las supuestas sospechas no llegaran de afines al PSOE
O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, pide a Lara Méndez o cese de Paula Alvarellos como responsable do persoal municipal despois “do papelón” que protagonizou no proceso selectivo de inspectores para a Policía Local.
A Fiscalía rematou as súas investigacións sen atopar nada punible, polo que queda patente que Alvarellos non está cualificada para dirixir o persoal municipal “ao deixarse contaminar nun proceso dirixido por ela mesma” e no que hai sospeitas de que durante o proceso mantivo contactos con aspirantes e membros do tribunal. “Afirmamos con rotundidade que Paula Alvarellos non pode seguir á fronte do persoal municipal xa que demostrou non ter neutralidade nun proceso selectivo”, apuntan.
A este respecto, Antonio Ameijide pregunta tanto a Lara Méndez como a Paula Alvarellos se terían actuado do mesmo xeito no caso de que as sospeitas non chegasen de afíns ao PSOE.
Agora, coa investigación por parte de Fiscalía finalizada, dende o Grupo Municipal Popular esíxese a Lara Méndez “unha desculpa pública” cos profesionais calumniados e cos membros do tribunal aos que se puxo baixo sospeita.
Tralo arquivo das investigacións por parte da Fiscalía, o vicevoceiro popular reitera a petición de acceso ao expediente do proceso selectivo, que xa se solicitou hai case dous meses, xa que o 16 de setembro pediuse acceso á documentación do proceso e ás actas do tribunal e o 17 de setembro ao informe da presidenta do tribunal. “Se non teñen nada que ocultar deben de darnos acceso de inmediato”, sentencian.