Antonio Ameijide explica que el Plan General permite que se instalen en una zona verde piscinas de uso recreativo y pregunta se serían legalizables infraestructuras de uso medicinal porque existen muchas dudas de la legalidad urbanística en esa situación
Hai unha semana que Lara Méndez inaugurou as Caldas do Miño, infraestrutura que podería incumprir o PXOM, xa que segundo o ordenamento municipal as piscinas de uso recreativo si que están permitidas en zona verde, pero se a alcaldesa agora trata de reconvertelas en uso medicinal e terapéutico “haberá que ver a súa legalidade urbanística”.
Antonio Ameijide pregunta directamente a Lara Méndez se está segura da viabilidade legal desta infraestrutura tal e como ela a defende e na localización na que se atopa, polo que lle pide que “recapacite e formule ben o proxecto” antes de que os lucenses poidan ter que asumir novas consecuencias legais e económicas derivadas da súa posible neglixente xestión de proxectos.
A realidade é que Lara Méndez “segue improvisando” á fronte do Concello de Lugo. Independentemente do uso que lle dea ás Caldas, hai unha serie de incumprimentos graves aos que non dá solución, como son:
- As Caldas non están dadas de altas no Siloe (Sistema de información sobre piscinas)
- Ausencia sobre os controis realizados
- Ausencia de información sobre os produtos de control utilizados
- Ausencia de reactivos para autocontrol nin de rexistro de calibración
- A temperatura dos vasos 1 e 3 superaba os 30º no momento da medición (vaso 1 – 35,6º; vaso 3 – 37º)
Estas son só algunhas das deficiencias detectadas e que cómpre corrixir “pola seguridade dos lucenses”.
Recorda Antonio Ameijide que hai unha normativa estatal que cumprir e “semella que nin esto é capaz de facer Lara Méndez”. Reitera que dende que comezou a tramitación das Caldas do Miño, Lara Méndez sempre defendeu que se trataba de “termas de auga quente non medicinal”, algo que se podía ler no cartel de obra.
Segundo este tratamento, as Caldas do Miño deben de ter unha temperatura de entre 24 e 30º (como exemplo pode tomarse que a temperatura máxima para hidromasaxe é de 36º) algo que Lara Méndez está a incumprir.
Ameijide denuncia que Lara Méndez defende agora “o uso medicinal e terapéutico” das Caldas o que deixa as claras que Lara Méndez “nin sabe que montou, nin sabe como xestionalo, nin sabe en que condicións abriu e, o peor de todo, que a súa improvisación pon en risco a saúde dos lucenses”.
“A realidade é que sabe que incumpre todo tipo de normativa, polo que intenta buscar unha saída para xustificarse, pero en toda a tramitación do proxecto e en todos os documentos sempre figurou que se trataba de piscinas de recreo para adultos e nenos non nadadores”.
Baixo este suposto, os vasos existentes so poden ser “polivalentes, de ensinanza, chapoteo, recreo ou de natación”.
Segundo o artigo 11 da normativa estatal que rexe este tipo de instalacións “será o titular da piscina o que deberá controlar cada vaso, como mínimo, cun control de rutina diario e un control periódico mensual”, algo que visto o informe da Consellería de Sanidade non se está a cumprir.
O concelleiro popular pregunta se hai un protocolo de autocontrol específico da piscina (tamén establecido no artigo 11) que debería contemplar eidos como o tratamento da auga de cada vaso, o control da auga, un plan de control de plagas ou a xestión de provedores e servizos, entre outros.
O artigo 14 desta normativa establece que se deben de facer públicos os controis realizados e toda a información relativa a incumprimentos da normativa “algo que o Concello de Lugo non está a realizar”.