Los vecinos transmitieron sus quejas al Grupo Popular ya que con las bajas temperaturas que sufre Lugo en las últimas semanas, la helada provoca que las cuestas de acceso sean resbaladizas, volviéndolas muy peligrosas, por lo que urge a que cuando se esperen bajas temperaturas, si les dé un tratamiento contra la helada, para evitar caídas
Os veciños de Conturiz reclaman o arranxo das deficiencias da pasarela peonil sobre a N-VI, unha infraestrutura moi empregada polos veciños nos seus paseos diarios pola parroquia para cruzar esta estrada.
Antonio Ameijide sinala que esta infraestrutura precisa dunhas obras urxentes de mantemento xa que presenta eivas importantes que dificultan moito a accesibilidade xa que hai fendas no pavimento, afundimentos, vexetación e perdeu practicamente toda a pintura antideslizante. “Acudimos a ver esta pasarela trala chamada dos veciños e queda claro que precisa dunha actuación urxente, polo que pedimos ao goberno de Lara Méndez que reclame de inmediato ao Ministerio o seu arranxo”, explicou.
Ademais, é precisa unha actuación na pista Camiño de Vilar, que dá acceso a unha trintena de vivendas e a varios negocios, así como a áreas recreativas do Miño e a instalacións deportivas con alta afluencia de persoas actualmente está chea de fochancas, sobre todo na súa parte inicial, “polo que o Concello de Lugo debería de actuar de inmediato para garantir a seguridade e evitar danos nos vehículos que circulan por ela”.